11 de Xaneiro de 2016

O Concello de Santiago reserva o servizo de mantemento do parque de Salgueiriños a centros especiais de emprego

O Concello de Santiago reservará a centros especiais de emprego o servizo de conservación e mellora dos espazos verdes e arboledos do parque de Salgueiriños

O mantemento do parque de Salgueiriños que rodea a contorna do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi) está previsto que se incorpore como un dos contratos reservados a centros especiais de emprego, a través do procedemento legal de adxudicación que xa abriu o Concello de Santiago.

parque salgueiriñosNon é a primeira vez que o Concello de Santiago reserva contratos a centros especiais de emprego e neste ano, xa é efectiva a publicación dos pregos administrativos e cláusulas sociais no Boletín Oficial da Provincia da Coruña de 11/01/2016
BOP A Coruña

Número de expediente municipal: con/51/2015

Para máis información recoméndase consultar o Perfil de Contratante onde se atopan os pregos administrativos e cláusulas sociais
O prazo para presentar ofertas finaliza o 26 de xaneiro ás 14:00 horas e presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela situado en cálea Presidente Salvador Allende, 4
15705 Santiago de Compostela

A reserva de contratos a centros especiais de emprego é un dos mellores apoios que as administracións poden realizar ao mercado de traballo protexido das persoas con discapacidade. A través de ditas reservas permítese dotar de carga de traballo a estas iniciativas que contan cun mínimo do 70% do seu persoal formado por persoas con discapacidade, xérase actividade económica e facilítase a inserción laboral de persoas con discapacidade.

Categorías

Deixa unha resposta