29 de Novembro de 2016

O conselleiro de Política Social visita GES e coñece a experiencia dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro

  • Persoal directivo de Carrefour e a presidenta da súa Fundación Solidariedade tamén participaron nesta xornada de traballo.

  • Galega de Economía Social (GES) forma parte da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, Cegasal, cuxa facturación global en 2015 superou os 25 millóns de euros.

  • Trala visita a GES, os directivos de Carrefour desprazáronse a Hornos Lamastelle, cuxos produtos xa comercializan nos seus centros de Galicia, Asturias e nalgúns puntos de Castilla e León

(Santiago, 28 de novembro)
Visita do Conselleiro de Politica social e Maria Cid, Directora Fundación Solidaridad Carrefour, e José Antonio Vazquez Freire presidente de Cegasal a GESO conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rei Varela, visitou as instalacións da empresa Galega de Economía Social (GES), asociada a Cegasal.
A visita de Rei Varela coincidiu coa presentación a varios responsables do Grupo Carrefour, entre os que se atopaban a directora da Fundación Solidariedade Carrefour, María Cid, das experiencias e boas prácticas que poñen en marcha organizacións como a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e Cegasal a través das súas empresas, como é o caso de GES.

Trala visita conducida polos presidentes de Cogami, Anxo Queiruga, e Cegasal, José Antonio Vázquez, tivo lugar unha breve xornada de traballo durante a cal a coordinadora de Áreas de Cogami, Rosario Lema Castiñeira, realizou unha presentación do labor que leva a cabo este grupo social.

Logo da súa intervención, profesionais de GES expuxo o traballo desta empresa, matriz do grupo empresarial de centros especiais de emprego de iniciativa social de COGAMI.

Tralo encontro, e en declaracións aos medios, o conselleiro de Política Social destacou que a atención á discapacidade é unha prioridade para o goberno galego, “Cremos que as persoas con discapacidade teñen capacidades diferentes, e dentro delas as capacidades produtivas como veñen demostrando dende fai algúns anos en iniciativas empresariais totalmente consolidadas en Galicia”. Así mesmo, Rei Varela destacou a necesidade de “manter e potenciar a colaboración e coordinación entre todas as administracións, entidades e demais institucións do terceiro sector para conseguir o obxectivo da integración social plena para todas as persoas” , insistiu Rei Varela, á vez que agradeceu o labor que desempeña Cegasal e a Fundación Carrefour en prol das persoas con discapacidade”.

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, realizar‡ unha visita a GES (Galega de Econom’a Social, S.L.), onde manter‡ un encontro cos seus responsables.Na súa intervención, José Antonio Vázquez, presidente de Cegasal, agradeceu ao conselleiro a súa presenza e a sensibilidade demostrada cara ás iniciativas de economía social. Así mesmo, e en relación á visita dos responsables de Carrefour, Vázquez sinalou que “este encontro permite o intercambio de opinións de cara a fixar posibles obxectivos comúns coas que establecer estratexias de futuro entre Carrefour e Cegasal, nas áreas do social e a xeración de emprego”.

Categorías

Deixa unha resposta