03 de Outubro de 2016

O director rexional de Carrefour visita as instalacións de Hornos Lamastelle

José Antonio Vazquez Freire Cegasal Carrefour

O director rexional de Carrefour visita as instalacións de Hornos Lamastelle

Acompañado polo presidente de Cegasal e o xerente da empresa, o novo director rexional da zona Noroeste de Centros Comerciais Carrefour S.A., Francisco Hipólito Rodríguez de Carrefour  visitou a pasada semana as instalacións de Hornos Lamastelle, empresa da que a cadea de supermercados é cliente.
Francisco observou todo o proceso de produción dos artigos que saen da empresa situada en Oleiros (A Coruña) e intercambiou impresións co persoal e responsables da compañía.
Hornos Lamastelle caracterízase pola súa aposta pola innovación en instalacións e maquinaria, así como pola produción artesanal dos seus produtos insignia: a empanada galega pechada a man e a Torta de Santiago, que conta coa Indicación Xeográfica Protexida.

Hornos de Lamastelle é unha as firmas que conforman a Asociación Empresarial Galega de Centros Especias de Emprego sen Ánimo de Lucro, Cegasal,  e conta con tres obradoiros distribuídos nunha superficie de 2.000 metros.
Esta visita prodúcese unha semana despois da celebración en Hornos Lamastelle da Asemblea xeral Ordinaria de Cegasal, cuxa sesión foi inaugurada polo Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

 

Categorías

Deixa unha resposta