27 de Outubro de 2015

O presidente de Cegasal acude á audiencia co Alcalde de Santiago

O presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez, que forma parte do Comité Executivo da Confederación de Empresarios da Coruña, reuniuse  co Alcalde-Presidente do Concello de Santiago de Compostela.

Martiño Noriega recibiu o pasado luns 26 de outubro aos membros do Comité Executivo da CEC, no cal participa José Antonio Vázquez Freire, para trasladar as inquedanzas do empresariado da provincia na capital galega.

26-10-2015 CEC Jose Antonio Alcalde Santiago Varios foron os temas abordados máis se destacan o estado de grandes infraestruturas que permitirán a ampliación da AP-9 así como os trámites necesarios para conseguir as conexións da estrada coa A-54 e a N-550,  así como licenzas e usos comerciais, especialmente na zona antiga ou a situación do aeroporto de Lavacolla.

Puxéronse en evidencia a existencia de puntos en común polo que ambas as entidades apostaron por manter unha relación fluída ao longo do tempo.
Foto 26-10-2015 CEC JOSE ANTONIO Martiño

Categorías

Deixa unha resposta