23 de Xaneiro de 2017

OS CENTROS DE EMPREGO DE CEGASAL XA DAN TRABALLO A 1.500 PERSOAS EN GALICIA

O diario Atlántico, con data de 23 de xaneiro de 2017, trae unha extensa reportaxe sobre CEGASAL e os centros especiais de emprego asociados. En total, dáse traballo a 1.500 persoas en Galicia, en diversos sectores da economía.

Atlántico diario, 23-01-2017

A lei establece que as empresas con máis de 50 traballadores deben ter un 2% de persoal con discapacidade, pero hai outra opción, que é reservar carga de traballo aos centros especiais de emprego. Aí é onde entra a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, CEGASAL.

CEGASAL, creada en 1997, reúne a 17 centros especiais de emprego sen ánimo de lucro de Galicia, cunha facturación conxunta de 25 millóns de euros. Espérase que o número de asociados creza, unha vez que se están analizando as solicitudes de novos membros.

Os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro son empresas e teñen que dar beneficios, asegura José Antonio Vázquez Freire, Presidente de CEGASAL. A diferenza é que eses beneficios non se reparten co accionariado, senón reinvístense en formación e en creación de emprego, explica.

José Antonio Vázquez manifesta que “necesitamos que o tecido empresarial de Galicia confíe en nós e nos servizos que damos porque son de alta calidade, somos empresas con unha alta rendibilidade e cualificación das persoas.”

Atlántico diario, 23-01-2017

Categorías
,

Deixa unha resposta