04 de Decembro de 2018

Os centros especiais de emprego de Cegasal premiarán aos seus mellores divulgadores

• Os dous galardóns á Mellor Información Xornalística, dotados con 1.500 euros cada un, recaerán nas reportaxes, artigos e/ou pezas que, a xuízo dos membros do xurado, consigan transmitir de forma máis realista a actividade dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro que forman parte da asociación.

• Poden optar aos premios traballos publicados en xornais, revistas ou diarios dixitais, así como informacións emitidas en radio ou televisión.

•  Cegasal  conta con 26 centros especiais de emprego repartidos por toda a xeografía galega, e forma e dá traballo a ao redor de 1.500 persoas con algunha discapacidade.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2018. Coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade,  Cegasal (Asociación Empresarial  Galega de Centros  Especiais de  Emprego  sen Ánimo de Lucro) convoca a terceira edición dos seus Premios á Mellor Información sobre Economía Social, sempre centrada nos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro  que conforman a asociación.
O obxectivo deste dobre galardón, un para xornais, dixitais e revistas, e outro para radio e televisión -dotados con 1.500 euros cada un-, é o de dar maior visibilidade ás persoas con discapacidade en idade laboral. As dificultades que atopan á hora de optar ao mercado laboral e o traballo que realizan neste sentido os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro deben formar parte do contido dos traballos presentados ao concurso.

O papel dos medios de comunicación neste labor de divulgación é fundamental e moi necesaria dado que o 74% das persoas con discapacidade en idade laboral non ten traballo e, o que é máis grave, moitos non o buscan porque consideran que non o van a poder atopar. É responsabilidade de todos acabar co  reparo que xera nas empresas a contratación destas persoas, polo daniño descoñecemento social das súas capacidades.  Neste sentido, o presidente de  Cegasal, José Antonio Vázquez, asegura que a colaboración dos xornalistas para dar a coñecer esta realidade á sociedade é fundamental.
Desde os centros especiais de emprego apostan porque a discapacidade, “ou as capacidades diferentes”, non sexan un impedimento para o pleno desenvolvemento destas persoas tamén no ámbito laboral.
Información sobre os premios
EMPREGO SOCIAL FOTOS (2)As bases do Premio  Cegasal á mellor información sobre economía social, certame no que colabora desde a súa primeira edición o  Colexio Profesional de  Xornalistas de Galicia, pódense consultar desde mañá martes, 4 de decembro, nas webs do  Colexio Profesional de  Xornalistas ( xornalistas. org) e da Asociación (www.cegasal.com).
Poden optar aos premios os traballos publicados e/ou emitidos desde o peche da anterior edición, o 30 de abril de 2018, ata o día 15 de marzo de 2019. O prazo de recepción dos mesmos pecharase o próximo 15 de marzo de 2019 e o gañador será anunciado na primeira quincena de abril.
O xurado estará composto por profesionais con experiencia contrastada nos medios de comunicación galegos, así como representantes de  Cegasal e do  Colexio Profesional de  Xornalistas de Galicia.
Os traballos deberán enviarse, vía  mail, á seguinte dirección: cegasalcomunicacion@gmail.com, e a información presentada deberá ir acompañada dun breve currículo do autor.
Coincidindo coa concesión dos Premios Xornalísticos,  a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro tamén fará entrega dos galardóns á Administración (local e autonómica) e empresa máis colaboradoras coa economía social.
Traballos premiados en anteriores edicións
Santiago  Riveiro, do Correo Galego; Manuel  Barral, da Opinión da Coruña, e Ana Fontes, de Atlántico Diario,  foron os profesionais galardoados na primeira edición do Premio  Cegasal de Xornalismo. Pola súa banda, e unha vez ampliados os premios e diferenciados por categorías,  Jéssica Pintor e Rubén  Milego, de Informativos Fin de semana da TVG,  e Sabela  Corbelle, do Progreso de Lugo, foron os gañadores da última edición do galardón  instituido por  Cegasal.

BASES 3ª edición Premios  Cegasal de Xornalismo

A Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro, ( CEGASAL), en colaboración co  Colexio Profesional de  Xornalistas de Galicia, ( CPXG), convocan a terceira edición do premio  CEGASAL de xornalismo, cun triplo obxectivo: dar visibilidade ás persoas con discapacidade, mostrar as dificultades que atopan para optar ao mercado laboral e dar a coñecer  o traballo que realizan neste terreo os centros especiais de emprego.
Do premio único de mil euros da primeira edición, pasamos nesta ocasión a dous premios de 1.500 euros, un para os traballos publicados en prensa escrita ou publicacións dixitais, e outro para os traballos difundidos en radio ou televisión.
Bases:
1ª) Pode participar neste concurso calquera profesional que publique ou difunda información sobre os centros especiais de emprego de  Cegasal ou sobre o propio labor da Asociación de Centros  Especiais de  Emprego  sen Ánimo de Lucro, en prensa escrita, radio, televisión ou publicacións dixitais.
Cada xornalista concursante pode enviar un ou máis traballos.
2ª) Os interesados deberán enviar copia dos traballos, (informacións  escaneadas, arquivos de audio ou audiovisuais ou arquivos de publicacións dixitais), á dirección de correo electrónico de  CEGASAL, (cegasalcomunicación@gmail.com), antes do  día 12 de marzo de 2019.
Tamén poderán enviarse os traballos concursantes por correo certificado, respectando os prazos anteriormente  fixados,  á sede do  Colexio Profesional de  Xornalistas de Galicia, (Rúa Ponferrada 9  Baixo, 15707 Santiago de Compostela)
Cada concursante debe acompañar o seu traballo ou traballos dun breve currículo, así como dos datos necesarios para contactar: nome e apelidos, domicilio, número de teléfono e dirección de correo electrónico.
Cada participante garante a autoría do traballo ou traballos  presentados, eximindo a  CEGASAL e ao  CPXG de calquera reclamación respecto diso. O xurado podería solicitar certificación da emisión ou publicación dos traballos gañadores.
3ª) Os traballos concursantes serán cualificados por un xurado composto por tres membros de  CEGASAL e o  CPXG, e o/a gañador/a de a pasada edición.
4ª) O xurado concederá dous premios. O primeiro dos premios, dotado con 1.500 euros, será para traballos difundidos en prensa escrita (xornais ou revistas) ou en publicacións dixitais. O segundo dos premios, tamén dotado con 1.500 euros, será para traballos emitidos en radio ou televisión.
Os gañadores ou gañadoras serán dados a coñecer nas webs de  CEGASAL e do  CPXG na primeira quincena de abril de 2019.
As decisións do xurado serán inapelables, podendo declarar deserto o premio se os traballos presentados non tivesen a calidade necesaria.
Os premios están suxeitos ás retencións fiscais contempladas na  lexislación vixente.
5ª) Os gañadores do concurso autorizan expresamente que o seu nome e apelidos sexan publicados nas webs das entidades organizadoras, así como nos seus medios de comunicación físicos ou dixitais, coa finalidade de promocionar os premios e referenciar os traballos gañadores.
6ª) A participación neste concurso supón a plena aceptación do contido destas bases.

Categorías

Los comentarios están cerrados.