19 de Xullo de 2018

Os representantes do Foro pola Economía Social Galega continúan coa súa rolda de contactos coas principais institucións galegas.

Os representantes do Foro pola Economía Social Galega continúan coa súa rolda de contactos coas principais institucións galegas. Onte foi a quenda do Parlamento de Galicia e ata a Cámara galega desprazáronse José Antonio Vázquez ( Cegasal), Celso Gándara ( Espazo Coop), Hixinio Mougán ( Agaca) e Miguel Branco ( Aeiga) para manter unha reunión con Miguel Ángel Santalices e explicarlle os pasos dados pola organización desde a súa presentación oficial o pasado mes de marzo. O presidente do Parlamento mostrou gran interese nas accións realizadas, á vez que destacou o gran traballo despregado polo colectivo.

37396605_2155142731180546_6188388819394363392_o

Categorías
,

Los comentarios están cerrados.