05 de Xullo de 2016

PONT-UP STORE 2016 Espazo de Emprendemento

logo PONT UP2016

 

 

Pontevedra acolle en setembro este evento, que promove a cultura emprendedora na que a economía social ten un espazo propio.

 

O Pont-Up Store é unha iniciativa de apoio ao emprendemento, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade, no que se falará, entre outros temas, sobre a economía social, o cooperativismo, a internacionalización, ou os ecosistemas emprendedores.

 

Dende Cegasal facemos eco deste espazo de fomento da cultura emprendedora, que terá lugar en Pontevedra os días 22 a 24 do mes de setembro de 2016.

Ampliouse o prazo para participar neste evento, que contará con actividades, charlas e obradoiros interesantes.

PARTICIPAR É GRATUITO!

Hai 3 modalidades de participación:

  1. SOLICITA UN STAND SEN CUSTE
  2. PROPÓN ACTIVIDADES PARA O PROGRAMA
  3. PARTICIPA NO SPEED DATING ‘PUNTAZO EXPRÉS’

Accede a toda a información na páxina Web do evento: www.pontupstore.com

PONT-UP STORE 2016 é unha iniciativa organizada pola Universidade de Vigo, patrocinada polo Concello de Pontevedra e outras organizacións e institucións.

Categorías

Deixa unha resposta