28 de Decembro de 2016

Presentación da memoria anual dos centros especiais de emprego

Os centros especiais de emprego terán 4 meses a partir do peche do exercicio económico, para presentar a memoria anual no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego

Con este post lembramos aos centros especiais de emprego a obriga de presentar a memoria anual que comprenda tanto a identificación dos centros, a súa situación, as actividades que realizan, a composición do seu cadro de persoal e variación do mesmo, ademais da documentación económica e o cumprimento dos obxectivos económicos e sociais.

En caso de ostentar a condición de centro sen ánimo de lucro, terán que achegar as contas anuais do seu titular, a certificación da súa aprobación pola asemblea xeral ou órgano equivalente, coas firmas lexitimadas notarialmente. Si se produciron modificacións estatutarias ou outros acordos sociais tamén deberán ser comunicados, así como calquera outro aspecto que poida afectar ao recoñecemento como centro sen ánimo de lucro.

Os detalles do contido da memoria poderán consultarse no artigo 8 do Decreto 200/2005, que regula dita inscrición.

Categorías

Deixa unha resposta