Privacidade e política de cookies

1. PRIVACIDADE

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, CEGASAL, con domicilio na rúa Modesto Brocos nº 7, Baixo, 15.704 Santiago de Compostela (A Coruña – España – Europa), comunícalle que:

No caso de facilitarnos datos curriculares, informámoslle que os seus datos serán tratados co fin de atender o seu ofrecemento profesional e poderán ser comunicados ás Entidades que conforman CEGASAL, cuxas direccións e actividades pode consultar no sitio Web, para o cumprimento dos mesmos fins informados.

Vostede garante que os datos que nos achegou son verdadeiros, exactos, fiables, de calidade, completos e actualizados, sendo responsable exclusivo de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionarse como consecuencia do incumprimento de tal obriga.

No caso de que os datos que nos forneza pertencesen a un terceiro, Vostede asume a responsabilidade procedente do deber de información ao devandito terceiro acerca dos aspectos contidos neste documento. Así mesmo, vostede garante que obtivo a autorización do terceiro para facilitar os seus datos a CEGASAL cos fins sinalados.

De conformidade co establecido na Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, no caso de que vostede non desexe recibir comunicacións electrónicas no futuro, por parte de CEGASAL, poderá manifestar a súa vontade enviando un mail á seguinte dirección de correo electrónico: info@cegasal.com.

 

2. POLÍTICA DE COOKIES

Informámoslle que o sitio Web de CEGASAL emprega cookies coa finalidade de permitir e facilitar a interacción do usuario co mesmo, así como a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Así mesmo, informámoslle que os servizos de estatísticas – propios ou alleos –, empregados polo sitio Web poden empregar cookies coa finalidade de establecer métricas e patróns de uso. O acceso, uso e, en xeral, a navegación polo sitio Web de CEGASAL supoñen necesariamente o consentimento do usuario á utilización de cookies por parte de CEGASAL e/ou dos seus provedores de servizos.

 

2.1. Que son as cookies?

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no computador, Smartphone, ou tableta do usuario ao acceder a determinadas páxinas Web.

As cookies permiten ao titular do sitio Web almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, garantir a sesión do usuario mentres navega pola Web, da forma en que utilice o seu equipo, etc. Todo iso a fin de que poida recoñecérselle como usuario. É necesario sinalar que o bloqueo da totalidade das cookies pode inhabilitar certos servizos e funcionalidades.

 

2.2. Que tipos de cookies utiliza este sitio web?

  • Cookies de análise: Son aquelas que, ben tratadas por CEGASAL ou por terceiros, permítennos cuantificar o número de usuarios e así realizar a medición e análise estatístico da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para iso, analízase a súa navegación na nosa páxina Web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lle ofrecemos.
  • Cookies de redes sociais: AddThis é un plugin que permite compartir en diferentes redes sociais o contido da nosa Web.

 

2.3. Como desactivar ou eliminar as cookies

Pode vostede permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador.

Na función Axuda da maioría dos navegadores indícase como configurar o seu navegador para que non acepte cookies, para que lle notifique cada vez que reciba unha nova cookie, así como para desactivar completamente todas as cookies.

Con carácter xeral, informámoslle que os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración con relación á instalación de cookies:

  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina Web no seu terminal.
  • Que o navegador lle avise antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.

Ademais, pode deshabilitar ou eliminar datos similares utilizados polas extensións (add-on) dos navegadores, como as ‘Flash Cookies’, cambiando a configuración das devanditas extensións ou visitando o sitio Web do fabricante.

 

3. MÁIS INFORMACIÓN

Pódese coñecer máis información sobre as cookies no sitio web da AGPD – Axencia Española de Protección de Datos: http://www.agpd.es/portalWebAGPD/canaldocumentacion/cookies/index-ides-idphp.php.