07 de Febreiro de 2017

Programa de axudas individuais de accesibilidade para o emprego da FUNDACIÓN ONCE

Fundación ONCE – axudas individuais de accesibilidade para o emprego:

http://www.fundaciononce.es/pagina/ayudas-individuales-de-accesibilidad-para-el-empleo

Trátase de axudas para que os traballadores con discapacidade poidan adquirir axudas técnicas que lles permitan acceder ou manter o seu emprego: audífonos, cadeiras de rodas, vehículos adaptados, etc.

A continuación indícase todo o referente á presentación de solicitude para a axuda.

Documentación a presentar:

  • Fotocopia do D.N.I. do solicitante.
  • Documento acreditativo no que se recoñeza oficialmente a condición de discapacidade do solicitante.
  • Fotocopia completa da Declaración da Renda das Persoas Físicas (IRPF) da unidade familiar do último exercicio. Se se presenta declaración individual, presentarase a declaración de ambos os cónxuxes, se procede. En caso de non vir obrigados a efectuar declaración da renda, deberá achegar o Certificado Negativo que expide a correspondente Delegación de Facenda neste sentido. No seu caso, copia do xustificante de haberes pasivos exentos de tributación.
  • Copia da solicitude presentada para cubrir o mesmo obxectivo e, no seu caso, a correspondente contestación, ante a Administración Central, Autonómica, Deputacións, Municipios, etc.
  • Formulario de autorización de cesión de datos persoais, debidamente asinado (se adxunta modelo a cubrir en Anexo nº 8*).
  • Formulario de solicitude xeral para persoas físicas debidamente cumprimentado. (Se adxunta en Anexo nº 2*).
  • Orzamento do obxecto de solicitude; no caso de axudas técnicas e vehículos adaptados poden poñerse en contacto, pola experiencia e coñecemento do sector, con ILUNION Salud (teléfono de contacto 91 121 30 00 e dirección: C/ Don Ramón de la Cruz, 38, 28001 Madrid).
  • Fotocopia das dúas últimas nóminas.
  • No caso de solicitudes para adquisición de vehículos adaptados, fotocopia do carné de conducir.
  • Salvo no caso de que os documentos achegados polo solicitante sexan orixinais ou fotocopias compulsadas, o solicitante deberá remitir un certificado ou declaración xurada, debidamente asinada, no que se manifeste a autenticidade da documentación presentada (se adxunta modelo para a súa cobertura e firma en Anexo nº 7*).

*Os Anexos a que se fai referencia están na Web da ONCE.

 

A documentación remítese á dirección de correo electrónico: convocatoriaproyectos2017@fundaciononce.es

Tras o seu envío, no prazo máximo dun mes, remitirase información do número de expediente de solicitude.

A axuda comprende os produtos adquiridos dende o 01 de xullo de 2016 ata o 30 de xuño de 2017.

O pazo para presentar a solicitude de axuda remata o 30 de xuño de 2017.

Para máis información, pódese chamar ao número 91 506 88 88 (Fundación ONCE) e preguntar polas axudas de accesibilidade para o emprego.

Categorías
,

Deixa unha resposta