24 de Marzo de 2015

Programa piloto de Profesionalización de Centros Especiais de Emprego

Xornada de presentación do Programa piloto de Profesionalización de Centros Especiais de Emprego

A Consellería de Economía e Industria a través do IGAPE e máis a Consellería de Traballo e Benestar, van poñer en marcha nas próximas semanas un programa piloto de profesionalización dirixido especialmente aos centros especiais de emprego.

A iniciativa xurde dentro da colaboración que ambas entidades están a manter dentro da “rede EuSumo” de cooperativismo e economía social, e está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o IGAPE.

O obxectivo é poñer en funcionamento un servizo de formación-acción en 11 Centros Especiais de Emprego co fin de mellorar a súa competitividade a través da profesionalización dos seus equipos de xestión. Dito servizo terá unha duración de 5 a 6 meses e a participación será gratuíta para os centros seleccionados.

Co fin de dar a coñecer a iniciativa en profundidade, e invitar á participación dos Centros Especiais de Emprego interesados, invitámoslle a participar na xornada que terá lugar o próximo 8 de abril no Salón de Actos do Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, 107, Santiago de Compostela)

Máis información: http://www.igape.es

Categorías

Deixa unha resposta