07 de Xaneiro de 2016

Promoción de emprego de persoas con discapacidade na empresa ordinaria

As empresas que contraten persoas con discapacidade, tanto a xornada completa como a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, entre o 1 de outubro de 2015 ao 30 de setembro de 2016, poderán acollerse ás subvencións previstas nesta convocatoria

O acceso ao emprego é un dos factores máis importantes para alcanzar a integración das persoas con discapacidade na economía e na sociedade, e a través do apoio das institucións as políticas de emprego, unha das súas finalidades é aumentar as taxas de actividade, de ocupación e a inserción laboral das persoas con discapacidade, entre outras.

Dita ocupación poderá ser realizado e por tanto, o dereito ao traballo poderá ser exercido a través do emprego ordinario (nas empresas ou as administracións públicas),  o emprego protexido (en centros especiais de emprego ou a través dos enclaves laborais), ou ben, a través do emprego autónomo.

A través da convocatoria de axudas publicada o pasado 30 de decembro de 2015, ponse a disposición das empresas un total de 1.120.000 euros para fomentar o emprego de persoas con discapacidade na empresa ordinaria (Capítulo II).

Inclúese así as axudas á contratación indefinida, á contratación temporal, a transformación en indefinidos de contratos temporais, a contratación indefinida de persoas con discapacidade traballadoras dun enclave laboral, e aquelas contratacións de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio,  así como as adaptacións de postos de traballo e eliminación de barreiras no acceso e mantemento no posto de traballo.

Tamén inclúe a convocatoria, un partida propia destinada a emprego con apoio no mercado ordinario de traballo (Capítulo III) que ascende a 180.000 euros.

Desde Cegasal recomendamos que á hora de solicitar estas axudas, consulten con detalle os requisitos esixidos así como as obrigacións que se asumen.

Tamén se recomenda acudir a servizos de intermediación laboral específicos de persoas con discapacidade e axencias de colocación de entidades do sector da discapacidade autorizadas polo Servizo Público de Emprego.

Indicar que un dos centros especiais de emprego  asociados a Cegasal, conta con dicha cualificación, polo que facilitamos o contacto coa devandita iniciativa e animámoslles a facer uso da mesma:

ACTIVA SOCIAL EMPRESA TRABALLO TEMPORAL

Teléfono: 981575031
Correo electrónico: info@activasocial.es

Páxina Web: www.activasocialett.com

Ligazón á orde de axudas

 

Categorías

Deixa unha resposta