04 de Maio de 2017

Publicada a actualización das táboas salariais do Convenio Colectivo Autonómico de Centros Especiais de Emprego

O día 03 de maio de 2017 publicouse no DOGA a Resolución do 23 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dispón a inscrición no rexistro do acordo da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo Autonómico de Centros Especiais de Emprego polo que se actualizan as táboas salariais do ano 2016.

 

En reunión da Comisión Paritaria, ao 15 de febreiro de 2017, acordouse a actualización das táboas salariais relativas ao 2016, resultado de aplicar o IPC acumulado do período decembro 2011 ata decembro 2016 (ambos incluídos) e que significou un incremento do 3,7% acumulado.

 

Pódese consultar a publicación no DOG aquí.

 

• RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro do acordo da Comisión paritaria do convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego polo que se actualizan as táboas salariais do ano 2016

Categorías

Os comentarios están pechados.