12 de Agosto de 2016

Publicada a convocatoria de subvencións a centros especiais de emprego e unidades de apoio

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no Diario Oficial de Galicia, o prorama que promove a integración laboral de persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego así como o que axuda a financiar a contratación de unidades de apoio nos mesmos.

Ambos programas identifícanse na sede electrónica da Xunta de Galicia (sede.xunta.es) cos códigos de procedemento seguintes:

  •  Subvencións para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego. CÓDIGOS DE PROCEDEMENTO: TR341E  e TR341N
  • Subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no  marco dos servizos de axuste persoal e social dos entros especiais de emprego  CÓDIGO DE PROCEDEMENTO  TR341K (suxeito ao réxime deconcurrencia competitiva)

A finalidade destes programas é establecer incentivos para a creación de emprego das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego (ata un máximo de 12.000 euros por cada posto de traballo indefinido creado desde o 1 de outubro de 2015, cando supoña un incremento respecto do persoal fixo con discapacidade )  ou ben, apoiar o mantemento do emprego (ata un máximo de 15.000 euros para cubrir gastos derivados de asistencia técnica necesaria para manter os mesmos ou ben, adoptar medidas necesarias para o seu mantemento por mor da súa adaptación ou a eliminación de barreiras arquitectónicas ata 1.800 euros).
O programa que financia os custos laborais e de seguridade social do persoal de unidades de apoio, permite  favorecer a constitución das devanditas unidades naqueles centros que conten con persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción laboral no seu cadro de persoal (axudas que alcanzan os 2.400 euros por cada persoa traballadora con discapacidade de tipo, intelectual, enfermidade mental ou con parálise cerebral en grao igual ou superior ao 33%, ou ben, cun grao igual ou superior ao 65% en caso de concorrer discapacidade física ou sensorial.

Consulte a publicación oficial nas ligazóns seguintes:

ORDE TR341E TR341N TR341K creac.mantemento CEE unidades

EXTRACTO orde 20-07-2016 unidades apoyo

EXTRACTO orde 20-07-2016

Categorías

Deixa unha resposta