05 de Outubro de 2017

PUBLICADA A ORDE DO 20 DE SETEMBRO DE 2017 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DE AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO (CEE) 2017-2018

Publicouse o mércores 4 de outubro de 2017, no Diario Oficial de Galicia, DOG Núm. 189, a ORDE do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018.

 

ORDE do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018.

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia convoca a presentación de solicitudes para acollerse ás axudas, repartidas en tres programas:

  1. Programa I: programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos CEE, regulado no capítulo II (procedemento TR341K).
  2. Programa II: programa de axudas á creación, ampliación, mantemento e adaptación de postos de traballo nos CEE, regulado no capítulo III (procedementos TR341E e TR341N).
  3. Programa III: programa de axudas ao mantemento do custo salarial regulado no capítulo IV (procedemento TR341M).

Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia.

 

Órgano competente resolución:

  1. A persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, cando se trate de solicitudes de:

– Programa I de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional regulado no capítulo II (procedemento TR341K).

– Programa II de axudas a proxectos de creación de emprego estable, mantemento e adaptación de postos de traballo establecido no capítulo III (procedementos TR341E e TR341N).

  1. As persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, cando se trate de solicitudes de:

– Programa III, da subvención do custo salarial do capítulo IV, referidas a centros de traballo radicados na respectiva provincia (procedemento TR341M).

 

A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES FAISE OBRIGATORIA POR MEDIOS ELECTRÓNICOS, SEGUNDO TIPOLOXÍA DE AXUDA, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Categorías

Os comentarios están pechados.