14 de Xullo de 2017

PUBLICADA ORDE COAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL (EIL) E ÁS SÚAS ENTIDADES PROMOTORAS, E CONVÓCANSE PARA O ANO 2017

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2017. No Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe, DOG Núm. 134, Venres 14 de xullo de 2017, Páx. 34012, publícase a Orde do 30 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e convócanse para o ano 2017.

DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017. Páx. 34012

O obxectivo do Programa é promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de que poidan cumprir a súa función social (procedemento TR356A).

Pódese consultar a publicación no DOG aquí.

Categorías

Os comentarios están pechados.