18 de Maio de 2016

Publicadas as axudas concedidas no ano 2015 a centros especiais de emprego

Algúns dos centros asociados a Cegasal foron beneficiarios dos programas de promoción da integración laboral de persoas con discapacidade en centros especiais de emprego así como de axudas para a contratación de unidades de apoio.

Cogami Reciclado de Galicia, S.L., Combina Social, S.L., Coregal Parques e Xardíns, S.L., Emprego Social, S.L., Hornos Lamastelle, S.A., Ilunion Servizos Industriais, S.L. e a Asociación Aixiña recibiron algún tipo de apoio no marco da convocatoria publicada pola Xunta de Galicia durante o ano 2015, que prevía distintos tipos de axudas.

Grazas a este apoio mantivéronse postos de traballo de persoas con discapacidade e contratado aos preparadores laborais que integran as unidades de apoio existentes nos centros especiais de emprego.

Categorías

Deixa unha resposta