08 de Xullo de 2016

Ramón Sestayo clausura a xornada do Foro Inserta Responsable

Jornada Foro Inserta Responsable O secretario de Cegasal clausurou onte a Xornada do Foro Inserta Responsable: A ‘Xestión estratéxica do talento diverso como fonte de innovación, competitividade e RSE-Discapacidade

Onte, xoves 7 de xullo, tivo lugar  en Santiago, a xornada organizada pola Fundación ONCE  para dar a coñecer como incorporar a discapacidade como variable estratéxica para aumentar a competitividade das empresas.

O encontro foi inaugurado polo Director Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, que estivo acompañado pola Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, Marta Lois, e a Secretaria e Directora Xeral de Inserta, Virginia Carcedo.

Posteriormente, participaron responsables de empresas que xa pertencen ao Foro Inserta Responsable e que expuxeron exemplos reais e boas prácticas que realizan. Os directivos de Carrefour e Acciona  manifestaron un claro compromiso coa discapacidade e apostan por aproveitar o talento das persoas, non só en relación co exercicio de accións de responsabilidade social empresarial, senón porque cren nas súas capacidades.

A Directora Rexional de Inserta en Galicia, Menchu Iglesias, resaltou que o fin é achegar rendibilidade ás compañías e que para iso é primordial adecuar os postos de traballo ás persoas.

Conscientes da importancia do sector financeiro, estivo presente tamén Tatiana Suárez, Directora de RSE de Abanca.

Ramón SestayoA clausura do evento correu a cargo de Ramón Sestayo, secretario de Cegasal, que asumía funcións de representante da Confederación de Empresarios de Galicia ao ser membro da súa asemblea. Sestayo recalcou a necesidade de sensibilizar á pequena e mediana empresa na importancia de contratar persoas con discapacidade e o Delegado Territorial do ONCE en Galicia, Manuel Martinez,  apuntou que o emprego é a principal clave para conseguir a inclusión social e insistiu en que se pode compatibilizar a rendibilidade económica coa social.

Categorías

Deixa unha resposta