Que é a REDE CEGASAL INCLÚE?
A REDE CEGASAL INCLÚE é un punto de encontro e colaboración de empresas e entidades para as que as persoas con discapacidade atópanse entre os seus grupos de interese, é dicir, manteñen un compromiso con este colectivo na súa xestión, ben como empleadores e/ou compradores, provedores de produtos e servizos,…
A REDE CEGASAL INCLÚE nace para dar a coñecer boas prácticas e fomentar unha nova cultura empresarial inclusiva que entende a diversidade como un activo xerador de valor social e económico.
A REDE CEGASAL INCLÚE pretende visibilizar a empresas e entidades referentes en Galicia, responsables e comprometidas coa igualdade de oportunidades, que co seu bo facer contribúen ao cambio social e á participación das persoas con discapacidade no noso territorio.
Obxectivos
- Promover a identificación e o intercambio de boas prácticas empresariais relacionadas coa inclusión de persoas con discapacidade.
- Visibilizar a aquelas entidades comprometidas co colectivo de persoas con discapacidade ante o tecido empresarial e a sociedade para a promoción dunha cultura inclusiva.
- Asesorar a empresas e entidades no desenvolvemento de prácticas inclusivas.Sensibilizar e promover unha sociedade inclusiva.
- Medir a contribución da rede á consecución de metas do Obxectivo 10 de Desenvolvemento Sustentable asociado á Redución de Desigualdades.
Por que formar parte?
- Mellora da reputación e imaxe de marca da organización, dando visibilidade ás boas prácticas relacionadas co colectivo de persoas con discapacidade.
- Incremento da competividade da entidade, co foco no colectivo de persoas con discapacidade como panca de innovación social.
- Contribución ao desenvolvemento dunha cultura empresarial inclusiva.
- Contribución á consecución das metas do Obxectivo 10 de Desenvolvemento Sustentable relacionado coa Redución das Desigualdades.
Quen pode formar parte?
Todas aquelas organizacións de calquera sector e dimensión que operen en Galicia, socialmente responsables e comprometidas co colectivo de persoas con discapacidade na súa xestión, interesadas en compartir un espazo de encontro que visibilice o seu bo facer e no que se xeren sinerxias e proxectos de impacto que permitan avanzar cara a unha cultura empresarial inclusiva.
Organizacións que queiran contribuír a converter a Galicia nunha comunidade de referencia en canto a prácticas inclusivas.
Como formar parte?
As organizacións interesadas en formar parte da REDE CEGASAL INCLÚE, poden solicitar información a través do teléfono 673042029 ou da dirección correo electrónico info@cegasal.com.