01 de Decembro de 2016

RSE Xunta de Galicia estrea unha web accesible e adaptada a todos os dispositivos

Cegasal faise eco da renovación da páxina web de RSE Xunta de Galicia a fin de dar maior visibilidade á reponsabilidad social e promover entre as empresas a adopción de estratexias nesta materia.

O novo portal incorpora un deseño que permite ser consultado desde calquera dispositivo, actualiza contidos e organízaos dun modo máis visual e claro.

A Responsabilidade Social fai referencia ao bo goberno das empresas, a unha xestión ética e sustentable e á incorporación de compromisos de carácter voluntario en ámbitos como o social, ambiental ou o económico.

A incorporación de políticas de RSE nas empresas e organizacións que desenvolven algún tipo de actividade que xera impactos na sociedade diríxese a atender as expectativas e necesidades dos grupos de interese cos que interactúan, e constitúese como unha ferramenta de desenvolvemento do tecido económico e social actual, que desde as institucións se quere fomentar.

Cegasal colabora na implantación das políticas activas de emprego que favorezan a igualdade de oportunidades no ámbito laboral, especialmente das persoas con maiores dificultades de inserción, e a responsabilidade social empresarial configúrase como unha das ferramentas idóneas que facilitan devandito obxectivo.

web-rse-xunta

Categorías

Deixa unha resposta