17 de Xuño de 2019

SABADELLGALLEGO ASINA UN CONVENIO COA ASOCIACIÓN EMPRESARIAL GALEGA DE CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO SEN ANIMO DE LUCRO (CEGASAL)

 SabadellGallego (Grupo Banco Sabadell) asinou un convenio de colaboración coa Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro ( CEGASAL), que agrupa a 28 centros especiais de emprego en Galicia, pertencentes ata 14 sectores distintos de actividade. En virtude deste acordo, SabadellGallego pon ao dispor das empresas asociadas a CEGASAL un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía empresarial e persoal, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados. SabadellGallego pasará a formar parte da “Rede CEGASAL Inclúe”, cuxo obxectivo é visibilizar a empresas e entidades referentes en Galicia, responsables e comprometidas coa igualdade de oportunidades, que co seu bo facer contribúen ao cambio social e á participación das persoas con discapacidade na nosa Comunidade. Pola súa banda, CEGASAL aumenta a súa oferta de servizos para que as empresas poidan acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro personalizado en temas como negocio internacional, liñas subvencionadas, renting, factoring, confirming, etc. O acordo foi asinado polo presidente de CEGASAL, José Antonio Vázquez Freire, e por Pablo Junceda Moreno, Director Xeral de SabadellGallego.

Categorías
,

Os comentarios están pechados.