Relacións laborais

Emprego

CEGASAL, en colaboración con axencias de colocación e entidades colaboradoras do Servizo Público de emprego, pon a disposición de persoas e empresas as ferramentas que facilitan a inserción laboral e/ou xestión de recursos humanos.

  • convenio de colaboración
  • envía o teu CV ou as necesidades de contratación da túa empresa a info@cegasal.com

Negociación colectiva

A calidade dos servizos, a formación e unhas relacións laborais axeitadas son aspectos que a nosa entidade considera imprescindibles para alcanzar a mellora empresarial.

A través da negociación do convenio colectivo galego de centros especiais de emprego tratamos de determinar as condicións mínimas que se deben garantir nas iniciativas, especialmente nos seus primeiros anos de andaina ou en momentos de maior recesión económica, primando neste caso, o mantemento do emprego creado.
A meta a alcanzar nesta área sería que a totalidade e maior parte dos CEEIS aplicasen convenios de sector.

Políticas de diversidade, accesibilidade e igualdade no emprego

A necesidade de adoptar novos camiños e fórmulas de xeración de emprego e competitividade empresarial parte da integración na empresa de políticas de diversidade, accesibilidade e igualdade.

A través do traballo en rede con axentes especializados, facilítase a devandita incorporación:

  • adaptacións do posto de traballo
  • mellora da accesibilidade nas empresas
  • a igualdade de oportunidades no mercado de traballo