31 de Outubro de 2016

Spot Dixardin

O anuncio promocional de Dixardin chega cheo de vitalidade para “poñernos verdes”

O slogan “poñémoste verde” pretende incentivar o coidado das zonas axardinadas e demais espazos no que gozar.

Co apoio da Consellería de Economía Emprego e Industria o vídeo anuncio promocional do centro especial de emprego sen ánimo de lucro, suma unha das accións que integra o programa de promoción de centros especiais de emprego posto en marcha por Cegasal nos últimos meses.

Dixardín é un dos 17 centros especiais de emprego de iniciativa social que conforman Cegasal e encárgase do deseño, paisaxismo, construción e conservación de parques e espazos verdes.

En 2015 rexenerou máis de 60.000 metros cadrados de zonas verdes e conservaron máis de 500.000; plantaron mais de 35.000 especies vexetais e está a apostar por introducir liñas mais innovadoras adaptadas ás características do seu persoal, desenvolvendo xardinería vertical, crear estanques e piscinas naturalizadas.

Dixardin integra no seu persoal un 85% de persoas con discapacidade e todo o beneficio xerado coa actividade, reinvístese na propia iniciativa para incrementar as posibilidades de crecemento e creación de emprego.

Animámosche a que contacter con esta iniciativa tras ver o vídeo promocional que publicamos.

spot-dixardinSede Central:
Rúa da Xesta – Nave Industrial 73B Polígono Industrial Novo Milladoiro, 15.895.Ames – A Coruña
Tel: 981.891 908 | Fax: 981.891.908

dixardin@dixardin.es

 

Categorías

Deixa unha resposta