15 de Decembro de 2016

Trameve recibe aos responsables do Concello de Ames

TRAMEVE xestiona os vehículos abandonados do concello de Ames desde inicios de ano

(14/12/2016 Santiago)

14-12-2016-visita-trameveJosé Antonio Vázquez Freire acompañou á dirección de Trameve na visita institucional á que asistiron o alcalde de Ames, Jose Miñones e o concelleiro de Obras Públicas, Blas García.
Foi o 8 de marzo cando tivo lugar a firma do convenio a través do cal Trameve pasou a recoller e xestionar a retirada dos vehículos abandonados nas rúas do concello amiense, e esta visita reforza o coñecemento da institución de como se está levando a cabo as tarefas ao visitar as instalacións de Trameve.
Trameve durante a duración do convenio recolle os vehículos abandonados e declarados residuos sólidos urbáns (RSU) ou que se atopen en proceso de declaración de RSU por parte do concello, e trasládaos ás súas instalacións onde se custodiarán e tramitará o parte de baixa, a descontaminación e o tratamento ecolóxico.

Trameve desenvolve un importante labor social pois mantén 13 postos de traballo dos cales, máis do 92% teñen acreditado algún grao de discapacidade, e ao mesmo tempo contribúe á mellora ambiental xa que todos os vehículos que chegan a este centro especial de emprego son sometidos a un minucioso proceso de descontaminación, retirando calquera contido contaminante e traslada aos colectores específicos de tratamento de residuos.

Categorías

Deixa unha resposta