02 de septiembre de 2020

Reunión de Cegasal co portavoz do BNG no Concello da Coruña

Interesante e produtivo encontro o que se produciu a pasada semana entre o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, e o portavoz do BNG na Coruña, Francisco Jorquera, sobre a reserva de carga de traballo aos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro por parte do Concello coruñés.
Vázquez e Jorquera coincidiron na importancia do emprego para as persoas con discapacidade e o labor que neste sentido realizan os centros de traballo de iniciativa social. Por iso, o portavoz do Bloque comprometeuse a presentar nas próximas datas unha iniciativa neste sentido, da que daremos cumprida conta desde Cegasal.

Categorías
, ,

Los comentarios están cerrados.