CÓDIGO DE CONDUCTA E BOAS PRÁCTICAS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

CEGASAL (Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais sen Ánimo de Lucro) é unha organización empresarial sen ánimo de lucro de carácter multisectorial que, desde que foi constituída en 1997, é entidade de referencia na defensa, a promoción e a representación das iniciativas empresariais sen ánimo de lucro de Economía Social, como son os Centros Especiais de Emprego, cuxo obxectivo é fomentar o emprego de calidade das persoas con discapacidade e persoas en situación de risco de exclusión social e a súa inclusión na actividade económica, social e empresarial de Galicia.

Neste documento recóllense as normas de comportamento responsable que haberán de guiar o noso traballo en CEGASAL e presidir todos os seus procesos de decisión.

1. ÁMBITO DE APLICACIÓN

Este código é de aplicación a todas as persoas membros dos órganos de goberno e as persoas traballadoras de CEGASAL (en diante, “as persoas suxeitas a este código” ou “o persoal”), incluíndo persoas en prácticas e becarias. Con independencia do seu vencello con CEGASAL, da súa posición ou función e de onde a desevolvan, deben coñecelo, cumprilo e colaborar na súa implantación, polo que se lles fará chegar individualmente para que o lean e acepten.

Cando así se requira para asegurar o cumprimento dos seus valores e principios, e sexa posible pola natureza da relación, o contido do Código poderá facerse extensivo, en todo ou en parte, a calquera outra persona, física o jurídica, que se relacione con CEGASAL.

2. PRINCIPIOS

En CEGASAL queremos que as nosas actividades estean baseadas nos seguintes principios:

  1. Non discriminación. Estamos en contra de calquera tipo de discriminación (por discapacidade, sexo, raza, etnia, orientación sexual, relixión, lingua, posición ideolóxica, nacionalidade...) e está prohibido terminantemente calquera comportamento que poida xerala.

  2. Transparencia. Xestionamos os nosos recursos e tomamos as nosas decisións de forma ética, transparente e pública.

  3. Accesibilidade. Apostamos pola accesibilidade universal e a supresión de barreiras que impidan o dificulten a plena participación social das persoas con discapacidade.

3. PAUTAS DE ACTUACIÓN

a. Contorna de traballo

Cumprimos as disposicións legais e reglamentarias en materia laboral e de Seguridade Social e rexeitamos calquera forma de traballo ilegal. Así mesmo, defendemos os dereitos sociais, a liberdade sindical e a negociación colectiva, promovemos a igualdade entre mulleres e homes e respectamos a libertade ideolóxica, incluído o dereito a participar en actividades políticas admitidas polas leis, sempre que non sexan obxectivamente incompatibles coas súas funcións en CEGASAL, que se desenvolvan fóra do horario laboral e das instalacións da organización e non se invoque, cando se actúe nelas, a condición de persoal de CEGASAL.

A nosa política de contratación e promoción está orientada a que cada posto estea ocupado por unha persoa coas habilidades e os coñecementos axeitados, polo que os procesos de selección son abertos e están baseados en criterios obxectivos. O persoal é informado dos seus dereitos e obrigas, recibe un trato xusto e digno e percibe a retribución e as prestacións que lle corresponden de acordo ás leis e os convenios de aplicación.

Quen actúe en nome de CEGASAL deberá promover e respectar os valores e principios deste código,comportándose de forma transparente e leal, rendindo conta das súas xestións e orientando a súa actividade representativa á defensa dos intereses da organización, sen tolerar presións alleas, xerar expectativas falsas nin obter beneficios indebidos para si ou para outras persoas.

b. Seguridade e saúde

Sempre partindo do cumprimento estrito da normativa aplicable, promovemos o sentido da responsabilidade en materia de prevención de riscos laborais, polo que debemos velar pola nosa propia seguridade persoal e pola das persoas coas que interactuamos, respectando e cumprindo as medidas de prevención establecidas. É obrigatorio empregar correctamente os medios e os equipos de protección, así como absterse de deshabilitar os dispositivos de seguridade existentes, e está prohibido consumir calquera tipo de substancia que poida afectar ao debido cumprimento das obrigas profesionais (alcol, estupefacientes...). Así mesmo, debe comunicarse de inmediato calquera insuficiencia dos plans de prevención, todo incumprimento do que se teña noticia e canta necesidade de formación se detecte.

c. Recursos

Os recursos da organización cos que contamos para realizar o noso traballo debemos empregalos de forma responsable, procurando a súa conservación e o seu máximo aproveitamento; gardando, cando proceda, a documentación relacionada con eles; preservándoos de usos abusivos ou inadecuados; tomando as medidas necesarias para evitar o seu roubo, extravío ou dano; e sendo obrigatorio comunicar tanto estas situacións, se se producen, como calquera anomalía ou mal funcionamento que se detecte. A utilización, mellora, cambio ou substitución dos recursos ten que contar coa autorización correspondente. Ademáis, deben devolverse cando así se requira pola organización, cando deixen de ser necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional ou cando cese a relación laboral ou profesional con CEGASAL.

Os sistemas informáticos que dan soporte ás actividades de CEGASAL debemos empregalos de forma responsable, profesional e segura, seguindo estas pautas básicas:

  1. Non podemos usalos para acceder sen autorización aos sistemas informáticos alleos ou para obstaculizar ou interromper o seu funcionamiento.

  2. As claves de acceso ao sistema que facilita a organización para o desempeño das nosas tarefas non poden ser compartidas sen autorización, nin sequera con outras persoas da organización.

  3. Para instalar calquera software ou complementos adicionais nos equipos fai falla a autorización expresa da persoa responsable, así como para cambiar a configuración do software ou o hardware.

  4. Non está permitida a eliminación, o deterioro ou a alteración da información (arquivos, programas...) contida nos sistemas informáticos da organización ou nos de terceiras persoas sen autorización.

  5. Os sistemas de seguridade da información que estean instalados nos equipos da organización non poderán desactivarse sen permiso.

  6. A conta de correo corporativa non deberá empregarse para enviar, de forma intencionada, correos que conteñan virus ou programas que poidan interceptar ou danar datos ou para enviar ou responder a spam.

A organización poderá someter os medios tecnolóxicos a vixilancia e control, no marco normativo do artigo 20.3 do Estatuto dos Traballadores.

d. Propiedade intelectual e industrial

Defendemos os dereitos de propiedade intelectual e industrial, polo que debemos respectar os propios da organización e non empregar ilegalmente os alleos, especialmente, software, imaxes, textos ou outras obras protexidas por dereitos de autor.

A autoría intelectual das publicacións de CEGASAL deberá estar debidamente recoñecida e o logotipo da organización non poderá ser empregado nin reproducido por ningún medio sen consentimento expreso nin para aparentar que se promove ou respaldan actividades, servizos ou produtos cando no sexa así.

e. Confidencialidade da información e protección de datos

Debemos gardar a máis estrita confidencialidade sobre a información de carácter non público que coñezamos en e polo exercicio da nosa actividade na organización, sen poder utilizala en beneficio propio ou comunicala a terceiras persoas sen previa autorización expresa. O deber de confidencialidade exténdese fóra do horario laboral e perdurará trala ruptura de vencello con CEGASAL.

Non está permitido empregar información de carácter reservado ou confidencial procedente de organizacións para as que prestásemos servizos con anterioridade, agás expresa autorización escrita por parte delas.

Se temos acceso a datos de carácter persoal, respondemos da súa custodia e debemos cumprir con rigor o establecido ao respecto na lei e nas normas e procedementos internos.

f. Conflito de intereses

Existirá un conflicto de intereses cando unha persoa suxeita a este código teña unha relación ou un interese persoal (en sentido amplo: familiar, de amizade...) ou profesional con outra persoa, física ou xurídica, que poida afectar á súa imparcialidade ao ter que tomar decisións dentro de CEGASAL. Se nos atopamos nesta situación, o axeitado é informar de inmediato da situación para que, coa confidencialidade requirida, poidan avaliarse os intereses en conflito e determinar cal é a mellor maneira de que se tomen as decisiones potencialmente afectadas.

g. Agasallos e invitacións

Intercambiar agasallos e invitacións constitúe práctica legítima nas relacións comerciales; con todo, pola súa contía, características, frecuencia ou outras circunstancias, poden dala impresión de que se entregan ou reciben para obter un trato preferente ou exercer influencias inadecuadas. É por iso que, cando teñamos que recibir ou entregar algún agasallo ou invitación, temos que estar en condicións de xustificar a súa recepción ou entrega de xeito que quede eliminada toda dúbida sobre a súa intención.

h. Transparencia financeira

A información financeira de CEGASAL debe reflectir fielmente a realidade económica da organización e manterse de xeito ordenado e baixo medidas que impidan a súa ocultación e a súa destrucción. Toda operación deberá ser autorizada e documentada. Á marxe das posibles consecuencias penais, a alteración intencionada da información documental ou os soportes informáticos constituirá unha infracción das normas internas. Só poden destruirse os documentos e os ficheiros se existe autorización expresa. Así mesmo, está prohibida toda práctica que implique a evitación ilícita do pago de impostos e temos que colaborar, en todo momento, coa Facenda Pública e a Seguridade Social no cumprimento das obrigas, aportando toda a información que nos sexa requirida.

CEGASAL non pode ser empregada para o branqueo de capitais ou o envío de recursos ou fondos a persoas ou entidades relacionadas con actividades delituososas, polo que as personas responsables das finanzas da organización han de evitar abrir contas anónimas e autorizar transferencias financeiras sen a debida identificación da persoa que as realice ou da súa representante e deben procurar obter información contrastada sobre a orixe dos fondos.

4. A CONTORNA DE CEGASAL

a. A nosa reputación

A reputación afecta á confianza da sociedade e do sector no que nos movemos, polo que temos que ter coidado co que decimos e facemos nas nosas intervencións públicas, sexa ante os medios de comunicación, sexa en calquera evento de amplia difusión. Non debemos, tampouco, insinuar ou facer ver en redes sociais que actuamos representando a CEGASAL se non temos encargada explícitamente tal actuación.

Cando realicemos actividades persoais fóra da nosa relación con CEGASAL non debemos empregar o seu nome para intentar acadar beneficios persoais ou favorecer a outras persoas.

Se estamos sendo obxecto de investigación nun proceso penal ou nun expediente administrativo sancionador que poida afectar dalgún xeito a CEGASAL, o ideal é que o comuniquemos para poder valorar as posibles repercusións.

b. Relación coas organizacións socias

Hai que traballar de forma transparente e coordinada coas organizacións socias, fomentando a súa implicación.

c. Relación coas persoas provedoras e colaboradoras

Agás en casos excepcionais, todas as relacións con persoas provedoras e colaboradoras deberán figurar por escrito no documento xurídico correspondente. A organización poderá levar a cabo medidas de dilixencia debida antes do establecemento de calquera relación e esixir que operen en cumprimento da legalidade vixente e de todo o que deste código lles sexa aplicable.

En CEGASAL non queremos relación con quen amparen ou consentan calquera forma de explotación laboral, en especial, traballos forzados ou explotación infantil, ou actúen en contra dos principios e os valores deste código.

d. Relación co sector privado en xeral

Nas nosas relacións co sector privado, non podemos, directamente ou mediante persoa interposta:

- Prometer, ofrecer ou conceder a persoas de outras organizacións (calquera que sexa o seu cargo), para nós ou para outras persoas, beneficios ou vantaxes non xustificados de calquera natureza coa intención de que actúen ou deixen de actuar para favorecernos nunha operación de compra ou venda de mercadorías, na contratación de servizos ou nas relacións comerciais. Ademáis, debemos rexeitar e comunicar de inmediato calquera solicitude de incentivos, comisións, etc. que nos ofrezan.

- Recibir, solicitar ou aceptar vantaxes ou beneficios inxustificados de outras organizacións, para nósou para outras persoas, polos mesmos medios arriba expostos e con idéntica intención.

e. Relación co sector público, gobernos, autoridades e partidos políticos

Toda relación de CEGASAL con persoas ao servizo do sector público (incluídos altos cargos e persoal eventual ou de confianza), gobernos, autoridades e partidos políticos ou candidaturas electorais ha de basearse na legalidade, a neutralidade e a transparencia. É por iso que debemos rexistrar nas axendas os contactos que manteñamos con calquera delas.

Nas nosas relacións co sector público, non podemos:

  • Ofrecer ou entregar calquera clase de agasallo ou retribución a unha autoridade, integrante do funcionariado ou persoa que participe no exercicio da función pública con la intención de que (i) realice un acto, propio do seu cargo ou contrario aos deberes inherentes a el, (ii) non o realice ou (iii) retrase o que deba realizar, incluidos os chamos pagos de facilitación para axilizar ou asegurar trámites aos que se ten dereito.

  • Influír nunha autoridade ou integrante do funcionariado servíndonos da nosa relación persoal con ela ou con outra persoa do funcionariado ou autoridade, coa intención de acadar unha resolución favorable.

  • Corromper ou intentar corromper a unha persoa integrante do funcionariado público estranxeiro ou atender ás súas solicitudes para que actúe ou deixe de actuar coa finalidade de acadar ou conservar un contrato, un negocio ou calquera vantaxe competitiva na realización de actividades económicas internacionais.

En ningún caso poderase autorizar a eliminación de documentos, arquivos ou ficheiros relacionados con expedientes administrativos en trámite ou con procesos xudiciais abertos.

5. CANLE INTERNO DE COMUNICACIÓN

CEGASAL conta cunha canle na ferramenta Canal Responsable, pertencente a unha empresa independente. Podemos empregala para comunicar calquer incumprimento da lei ou da normativa interna da organización da que teñamos coñecemento pola nosa relación con CEGASAL e, tamén, para plantexar calquera dúbida sobre este código. Poderán achegar incumprimentos ou dúbidas, tamén, os grupos de interesa cos que a organización ten relación.

6. ENTRADA EN VIGOR, REVISIÓN E DIFUSIÓN

Este código entra en vigor tras a súa aprobación pola Xunta Directiva e debe ser revisado sempre que se poñan de manifesto infraccións relevantes das súas disposicións ou cando se produzan cambios na organización, na súa estructura de control ou nas actividades que realiza que o fagan preciso. Publicarase na web corporativa e temos que aceptalo expresamente todas as persoas que formamos parte da organización.

7. RÉXIME SANCIONADOR

As infraccións por incumprimento dos mandatos deste código poden dar lugar á aplicación, axeitada e proporcionada, do réxime sancionador establecido na normativa laboral vixente ou no convenio colectivo correspondente, sempre sen prexuízo de que poidan comunicarse inmediatamente os feitos ás autoridades competentes cando así proceda por se puidesen ser de aplicación sanciones penais ou administrativas.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar