¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

CEGASAL

Somos un grupo de centros especiais de emprego que carecen de ánimo de lucro e/ou as entidades do movemento asociativo de persoas con discapacidade que os promoven, que integrados na organización empresarial somos referentes de fronte a defensa, promoción e representación das entidades de proporcionan emprego protexido.

CEGASAL é a asociación empresarial galega de carácter multisectorial que aposta por facilitar a inserción laboral de persoas con discapacidade, a través do traballo que se realiza nos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS), e coas propias persoas con discapacidade.

Creada no ano 1997 e cun crecemento responsable e sostible, compartimos as inquietudes dos asociados e as necesidades do colectivo fronte á realidade que viven, xerando no noso día a día a necesidade de actualizar a organización e as actividades e servizos prestados.

Mantemos como funcións principais da nosa razón de ser, a negociación colectiva no sector, o diálogo social, a participación institucional, a xestión económica ou a promoción empresarial. Para iso desenvolvemos entre outros proxectos, plans de formación, intervimos na resolución de conflitos, participamos en accións de colaboración e posicionamento empresarial dos intereses xerais dos centros especiais de emprego representados.

Jose Antonio Vázquez Freire. Presidente de CEGASAL

Saúda do presidente


Agrádame darvos a benvida a este espazo dixital, ferramenta que busca achegar a realidade e a razón de ser da nosa entidade, que ten o anceio de sumar na construcción dunha sociedade integradora e, polo tanto, unida.

En CEGASAL estamos a piques de cumprir o noso primeiro cuarto de século de vida mantendo sempre a nosa máxima: as persoas son o centro de todas as nosas accións. O camiño non foi doado, pero seguimos e seguiremos traballando para manter a posición de liderado acadada nos últimos anos, abranguendo a todas as entidades do Terceiro Sector (centros especiais de emprego) que teñen conta das persoas con discapacidade, desenvolvendo unha actividade cada vez máis salientable de cara ás administracións e xogando un papel principal na sinatura de contratos no mercado público e privado.

Pero nesta asociación non paramos. Queremos seguir crecendo e traballando de xeito conxunto con todas as entidades que en Galicia ocúpanse da discapacidade no eido laboral e formativo desde un enfoque de iniciativa social.

E, nesta realidade que nos toca vivir, a pescuda da unidade social que defínenos lévanos a compartir e defender os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas e os principios, valores e mandatos da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas Con Discapacidade. Elementos fundamentais que deben orientar o noso labor como asociación, así como a dos nosos socios. É necesario avanzar, si, pero non de calquera xeito individualista senón seguindo modelos de servizos cunha orientación inclusiva e comunitaria. En Cegasal entendemos que toda a  economía debe ter o apelido de social, sendo sinónimo de sostenibilidade e solidaridade.

Espero que esta nova páxina web sexa un instrumento que nos axude a alcanzar os difíciles obxectivos que nos marcamos. Que sexa un paso máis do crecemento dunha asociación que pescuda cada vez máis representatividade para sí co gallo de darlla ás persoas.

Un saúdo.

José Antonio Vázquez Freire