EMPREGO PROTEXIDO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


O emprego protexido é o marco de actuación dos centros especiais de emprego, que ofrecen ás persoas con discapacidade un traballo remunerado e os servizos de apoio necesarios, así como ser un medio para favorecer a súa inclusión laboral no réxime de emprego ordinario.

OS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO son empresas que compatibilizan a viabilidade económica e a súa participación no mercado co seu compromiso social cara a colectivos con menores oportunidades no mercado de traballo. O seu persoal está constituído polo maior número de persoas con discapacidade e poden ser de carácter público ou privado, con ou sen ánimo de lucro.

Galicia contabiliza un total de 118 centros (62 de iniciativa social e 56 de iniciativa capitalista), adoptando na súa maioría a forma xurídica de Sociedade Limitada.

A distribución provincial mostra que o maior número de CEE atópase localizado na provincia da Coruña (55,08%), seguida de Pontevedra (25,42%), Lugo (13,56%) e Ourense (5,93%).

Máis da metade corresponden ao sector servizos (55,1%), seguidos da industria, o comercio e o transporte.

A presenza dos CEE de iniciativa social no sector servizos representa o 66,1% fronte ao 42,9% dos de iniciativa empresarial. Pola contra os CEE de economía capitalista están no transporte (19,6%), industria (17,9%) e comercio (16,1%).

As actividades administrativas e de servizos auxiliares representan o 47,7% do total do sector servizos, e as actividades sanitarias e de servizos sociais ocupan o segundo lugar cun 20% seguidas por outros servizos co 15,4%.

Afondando na clasificación, vemos como as persoas empregadas dedícanse principalmente á limpeza xeral de edificios e as actividades de xardinería, así como a outras actividades de servizos sociais.
Os CEE de Economía Social protagonizan as actividades de servizos sociais fronte ao resto de CEE, e tamén levan a cabo actividades de xardinería.

En Galicia os CEE empregaron no ano 2017 a un total de 2466 persoas con discapacidade, o que representa o 9,8% do total de persoas con discapacidade ocupadas (25100 persoas). Do total de traballadores con discapacidade, 1648 foron empregadas en CEE da Economía Social (66,8%) e 818 foron en centros da economía capitalista (33,2%).

Desde Cegasal apostamos polo desenvolvemento e viabilidade desta tipoloxía de centros especiais de emprego de economía social.

 

Os Centros Especiais de Emprego en España

O emprego protexido é o marco de actuación dos centros especiais de emprego, que ofrecen ás persoas con discapacidade un traballo remunerado e os servizos de apoio necesarios, así como ser un medio para favorecer a súa inclusión laboral no réxime de emprego ordinario.

Existen 2.215 centros especiais de emprego e dan emprego a máis de 64.391 persoas. Caracterízanse pola multiplicidade de  caracteristicas, modelos de xestión e diversidade de actividades produtivas.

O nivel de contratación do colectivo incrementouse nos últimos anos a través destas iniciativas.

As políticas de emprego están dirixidas a aumentar as taxas de actividade e ocupación e inserción laboral das persoas con discapacidade, mellorar a calidade do emprego e dignificar as súas condicións de traballo, combatendo activamente a súa discriminación.

* Datos do estudo “Presente e futuro dos Centros Especiais de Emprego”, realizado por KPMG para a Fundación ONCE, no ano 2011.

 

Os Centros Especiais de Emprego en Galicia

Segundo datos oficiais de xuño de 2014, a Xunta de Galicia apoia o mantemento de 1.834 postos de traballo de persoas con discapacidade nos 114 centros especiais de emprego rexistrados na Comunidade Autónoma. Sete dos cales se han  constituído ao longo do ano 2013.

O Rexistro administrativo galego de centros especiais de emprego identifica á súa vez, aqueles que carecen de ánimo de lucro, identificados por cumprir unha serie de requisitos en base á titularidade dos mesmos, a  irrepartibilidad dos excedentes obtidos na actividade realizada, a forma xurídica adoptada ou a  reinversión dos excedentes no fin social.

Destacan á súa vez aqueles centros especiais de emprego rexistrados que carecendo de ánimo de lucro, son de iniciativa social, xa que o seu titular é unha entidade sen ánimo de lucro principalmente vinculada ao ámbito da discapacidade.

Desde  Cegasal apostamos polo desenvolvemento e viabilidade desta tipoloxía de centros especiais de emprego.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar