CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Os Centros Especiais de Emprego (CEE) son empresas que nacen como ferramenta de empregabilidade para persoas con discapacidade na Lei de Integración Social das persoas con discapacidade (LISMI) de 1982. Por iso, como mínimo, o 70% do seu persoal debe estar constituída por persoas cunha discapacidade igual ou maior ao 33% .

Atópanse regulados no Real Decreto Lexislativo 1/2013 do texto refundido da Lei Xeral dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e a súa Inclusión Social e no Real Decreto 2273/1985, do 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento dos Centros Especiais de Emprego. Así mesmo o Real Decreto 1368/1985, do 17 de xullo, regula a relación laboral de carácter especial dos traballadores con discapacidade que traballen nos CEE, aínda que, contén numerosas remisións ao Estatuto dos Traballadores. 

O seu obxectivo principal é o de realizar unha actividade produtiva de bens ou de servizos, participando regularmente nas operacións do mercado, e teñen como finalidade o asegurar un emprego remunerado para as persoas con discapacidade; á vez que son un medio de inclusión do maior número destas persoas no réxime de emprego ordinario.

Os Centros Especiais de Emprego deberán contar con Unidades de Apoio que permitan a adquisición por parte dos traballadores de habilidades, tanto profesionais como sociais, que contribúan a mellorar a súa autotomía así como a súa integración Laboral e Social (Servizos de Axuste Persoal e Social).

EMPREGO PROTEXIDO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

MARCO NORMATIVO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

O emprego protexido é o marco de actuación dos centros especiais de emprego, que ofrecen ás persoas con discapacidade un traballo remunerado e os servizos de apoio necesarios, así como ser un medio para favorecer a súa inclusión laboral no réxime de emprego ordinario.

OS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO son empresas que compatibilizan a viabilidade económica e a súa participación no mercado co seu compromiso social cara a colectivos con menores oportunidades no mercado de traballo. O seu persoal está constituído polo maior número de persoas con discapacidade e poden ser de carácter público ou privado, con ou sen ánimo de lucro.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar