Achega unha sólida formación xurídica e ambiental, así como unha ampla experiencia en entidades do terceiro sector e na administración pública. Especializada en economía social, desenvolve funcións de asesoramento técnico, formulación de iniciativas e apoio ao desenvolvemento de proxectos estratéxicos. A súa traxectoria vincúlase á defensa dos dereitos sociais e ao impulso de políticas públicas centradas no benestar e na sostibilidade.
“Traballar para os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social é un labor profundamente significativo, enfocado na inclusión, a dignidade e o desenvolvemento persoal e profesional de persoas con discapacidade. Construímos moito máis que emprego: construímos futuro”.
Ademais, Montserrat Valencia forma parte do equipo de dirección de ForoESGal, onde xestiona as relacións institucionais de ForoESGal con outros axentes da economía social galega e estatal.