INFORMACIÓN BÁSICA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

CEGASAL réxese polos seus Estatutos, o artigo 22 da Constitución Española, a Lei reguladora do Dereito de Asociación, a Lei Xeral de Subvencións e toda aquela lexislación que afecta á xestión e o desenvolvemento de actividades da organización.

 

ECONOMÍA SOCIAL

CEGASAL forma parte da Economía Social (ES) galega; A Economía Social engloba un conxunto de actividades económicas e empresariais que no ámbito privado levan a cabo entidades que perseguen, ben o interese colectivo das persoas que a integran, ben o interese xeral económico ou social, ou ambos, mostrándose día a día como un actor fundamental no desenvolvemento da sociedade actual.

As empresas da Economía Social son moi variadas, e teñen diferentes estatutos xurídicos: centros especiais de emprego, empresas de inserción, cooperativas, sociedades laborais, sociedades agrarias de transformación, confrarías de pescadores, outras empresas de base asociativa e, mesmo, sociedades mercantís, a condición de que respecten e réxanse polos principios da economía social

A Economía Social xorde para atender as necesidades do colectivo que integra as diferentes entidades ou as necesidades colectivas, é dicir, o interese xeral. As empresas de ES fundaméntanse en dous eixos: por unha banda, o seu obxectivo último é a consecución dos seus fins, sendo estes a atención das mencionadas necesidades sociais, por encima da procura do capital; e, doutra banda, a primacía das persoas que ten como consecuencia a toma de decisións de forma democrática. Ambos os eixos de funcionamento levan a que os resultados do exercicio teñan como destinatario tanto o fin social como as persoas integrantes en función do traballo achegado.

 

LEIS DE ECONOMÍA SOCIAL

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar