© ASOCIACIÓN EMPRESARIAL GALEGA DE CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO SEN ÁNIMO DE LUCRO
Negociación colectiva
A calidade dos servizos, a formación e unhas relacións laborais adecuadas son aspectos que a nosa entidade considera para alcanzar a mellora empresarial. A través da negociación do convenio colectivo galego de centros especiais de emprego tratamos de determinar as condicións mínimas que se deben garantir nas iniciativas, especialmente nos seus primeiros anos de andaina ou en momentos de maior recesión económica, primando neste caso, polo mantemento do emprego creado.
A meta para alcanzar nesta área sería que a totalidade e maior parte dos CEEIS aplicasen convenios de sector.
Accede ao último convenio colectivo vixente. DOG 189 do 4/10/2023 - RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación do Convenio colectivo galego de centros especiais de emprego. (xunta.gal)