SERVIZOS DE ASESORAMENTO E XESTIÓN

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Cualificación como centros especiais de emprego

 Para solicitar a cualificación como Centro Especial de Emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, deberá achegar a seguinte documentación:

  1. Solicitude
  2. Fotocopia compulsada da escritura de constitución ou documento fundacional do titular debidamente inscrito no rexistro público correspondente e NIF do representante legal para as persoas xurídicas ou NIF  no caso das persoas físicas.
  3. Fotocopia compulsada de alta na seguridade social como empresa.
  4. Memoria e estudo económico sobre as posibilidades de viabilidade e subsistencia do centro que deberá especificar os seguintes extremos:
    • Obxectivos e actividades que desenvolve o centro, con detalle dos servizos de axuste persoal e social que se prestarán aos traballadores con discapacidade.
    • Características e circunstancias organizativas e materiais, explicitando todos os recursos que contribúan ao sostemento do centro.
    • Resultados económicos previstos para o exercicio corrente e os cinco seguintes, con detalle das estimacións realizadas.
    • Prever a integración de persoal técnico e de apoio, coa titulación profesional que a actividade do centro precise, no seu cadro de persoal.
      No caso de non existir este tipo de persoal débese acreditar a contratación da prestación dos servizos de axuste persoal e social, mediante contrato ou convenio de colaboración, con entidades especializadas que conten cos medios suficientes para prestalos coa suficiente solvencia.
  5. Certificación relativa ós centros de traballo para os que se solicita a cualificación, especificando a súa localización, actividade e relación nominal do cadro de persoal do centro, indicando se se trata de traballadores con discapacidade. No caso de existir persoal dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social, deberán identificarse e detallar o labor que realizan.
  6. Contratos de traballo do persoal con discapacidade, segundo o modelo oficial establecido pola normativa específica.
  7. Resolución motivada dos equipos de valoración na que se determinen as posibilidades de integración real e capacidade de traballo do persoal con discapacidade en relación coas funcións do posto de traballo. (Modelo de solicitude resolución EVO, Autorización para a entrega de documentación)
  8.  Xustificante de pago da Taxa por servizos administrativos:
No caso de solicitar a cualificación como Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro, no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, os centros deberán cumprir os seguintes requisitos: 
  • O patrimonio do titular do centro, ten carácter de irrepartible, agás a favor de entidades do mesmo carácter
  • O titular do centro ten como finalidade primordial a integración de persoas con discapacidade en Centros Especiais de Emprego
  • A reinversión dos seus posibles beneficios ou excedentes faise no propio Centro Especial de Emprego ou noutros que carezan de ánimo de lucro.

E achegar a seguinte documentación a maiores da anterior:

  • Certificación literal dos estatutos sociais das entidades que participen indirectamente na entidade titular do centro, no seu caso.
  • Memoria explicativa do destino previsto para os posibles beneficios xerados pola actividade do centro.

 

Recoñecemento de carencia de ánimo de lucro

No caso de solicitar o recoñecemento de carencia de ánimo de lucro dos centros preexistentes, que figurasen inscritos no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, os centros deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. O patrimonio do titular do centro, ten carácter de irrepartible, agás a favor de entidades do mesmo carácter
  2. O titular do centro ten como finalidade primordial a integración de persoas con discapacidade en centros especiais de emprego
  3. A reinversión dos seus posibles beneficios ou excedentes faise no propio Centro Especial de Emprego ou noutros que carezan de ánimo de lucro

E achegar, ante o Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, a seguinte documentación:

  1. Solicitude de recoñecemento da condición de "sen ánimo de lucro"
  2. Certificación literal dos estatutos sociais do titular de centro, expedida polo rexistro onde figure inscrita a entidade
  3. Certificación literal dos estatutos sociais das entidades que participen indirectamente na entidade titular do centro de selo caso
  4. Memoria explicativa do destino previsto para os posibles beneficios xerados pola actividade do centro
  5. Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos:

 

Comunicación de modificacións sociais

OBXECTO: comunicar as modificacións sociais (cambio de representante legal, modificación de participacións sociais...) ao Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego.

Para isto deberá aportarse:

  1. Comunicación qué poderá presentarse directamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, utilizando a denominada Solicitude xenérica ( Clave procedemento PR004A ), e dirixida á Consellería de Emprego e Igualdade, Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
  2. Escritura de elevación a público dos acordos sociais correspondentes
  3. Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos:

 

Enclaves laborais

A realización do enclave laboral comunicarase ó Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego no prazo dun mes desde a sinatura do contrato.

  1. Comunicación
  2. Contrato formalizado por escrito entre o Centro Especial de Emprego e a empresa colaboradora cuxo contido mínimo sexa:
    • Identificación de ambas partes, facendo constar a denominación social, domicilio, número de identificación fiscal e código de conta de cotización á Seguridade Social
    • Determinación precisa da obra ou servizo obxecto do contrato e da actividade na que, dentro da organización xeral da empresa colaboradora, vaian ser ocupados os traballadores destinados ó enclave.
    • Datos identificativos do centro de traballo onde se vai realizar a obra ou prestar o servizo
    • Duración prevista para o enclave
    • Número de traballadores con discapacidade que se ocuparán no enclave
    • Prezo convido
  3. Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos:

 

Presentación da memoria anual

No prazo de 4 meses a partir do peche do exercicio económico, os titulares dos centros especiais de emprego deben presentar no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego unha memoria anual comprensiva dos seguintes extremos:

  1. Identificación dos centros: titularidade, situación, actividade principal e complementaria, así como as características dos enclaves laborais, no caso de que existan
  2. Composición do cadro de persoal de cada centro, especificando os traballadores con discapacidade e as altas e baixas producidas durante o exercicio, segundo o modelo que se especifica Relación do cadro de persoal.
  3. Documentación económica: liquidación do orzamento, balance de situación, conta de explotación e proxecto de presuposto do exercicio seguinte (*)
  4. Cumprimento dos obxectivos económicos e de axuste persoal e social (*)
No caso de centros sen ánimo de lucro:
Deben xuntar as contas anuais do seu titular e certificación da súa aprobación pola asemblea xeral ou órgano equivalente, coas sinaturas lexitimadas notarialmente que conteña o acordo referido á distribución ou imputación de resultados do centro. A devandita certificación fará constar, así mesmo, a transcrición literal das modificacións estatutarias e outros acordos sociais do titular que poidan afectar ó recoñecemento como centro sen ánimo de lucro, ou a inexistencia deles no seu caso.

 

Descualificación como centros especiais de emprego sen ánimo de lucro

  • Solicitude

  • Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos:
  1. A través da Oficina Virtual Tributaria
  2. Mediante ingreso na entidade colaboradora. Para estes efectos poderá xerar o seu impreso de liquidación a través de http://www.atriga.gal/a-axencia-tributaria-de-galicia/servizos/programas-de-axuda-e-confeccion-online-de-formularios, premendo en "Taxas e prezos", logo da escolla das procedentes claves taxas rexistro CEE

 

Cancelación da inscrición

  • Solicitude

  • Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos:
  1. A través da Oficina Virtual Tributaria
  2. Mediante ingreso na entidade colaboradora. Para estes efectos poderá xerar o seu impreso de liquidación a través de http://www.atriga.gal/a-axencia-tributaria-de-galicia/servizos/programas-de-axuda-e-confeccion-online-de-formularios, premendo en "Taxas e prezos", logo da escolla das procedentes claves taxas rexistro CEE

 

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar