DE CARÁCTER XERAL
Os centros especiais de emprego, como calquera outra empresa, teñen acceso ao réxime de subvencións, axudas, bonificacións e calquera outra medida de apoio económico establecida polas administracións públicas.
De xeito orientativo, pódese indicar que en Galicia unha gran parte destas medidas de apoio están canalizadas a través do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica).
DE CARÁCTER ESPECÍFICO
Anualmente, a Consellería de Emprego, comercio e emigración convoca axudas para financiar a creación ou ampliación de centros.
As axudas están destinadas a garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade mediante axudas a centros especiais de emprego a través de 3 programas:
- PROGRAMA II: axudas á creación de postos de traballo estables e adaptación de postos (TR341E e TR341N).
- PROGRAMA III: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade (TR341M).
Esta convocatoria diríxese aos centros especiais de emprego que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo.
As solicitudes presentaranse por separado para cada un dos programas, obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexos I, II, III e IV) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.