EMPREGO CON APOIO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Os servizos de emprego con apoio son o conxunto de accións de orientación e acompañamento individualizado no posto de traballo, que realizan preparadores laborais.

Trátase dunha ferramenta para facilitar a inclusión social e laboral de persoas traballadoras con discapacidade con especiais dificultades de inclusión, en empresas do mercado ordinario de traballo en condicións similares ao resto dos traballadores que desempeñan postos equivalentes.

É unha fórmula que permite ter en conta a diversidade e pluralidade que caracteriza a poboación con discapacidade, para adecuarse ás súas demandas e necesidades para o acceso e mantemento dun emprego.

As accións que integran estes servizos desenvólvense no marco de proxectos de emprego con apoio e inclúen como mínimo:

– Orientación, asesoramento e acompañamento á persoa con discapacidade, elaborando para cada unha un proxecto de adaptación ao posto de traballo.

– Labores de achegamento e mutua axuda entre a persoa beneficiaria do  servico de emprego con apoio, a empresa e o persoal da empresa que comparte tarefas coa persoa con discapacidade traballadora.

– Desenvolvemento de habilidades sociais e comunitarias da persoa con discapacidade, para relacionarse coa contorna laboral nas mellores condicións.

–  Adiestramento específico da persoa nas tarefas inherentes ao posto de traballo.

–  Seguimento e avaliación do proceso de inserción no posto de traballo.

– Detectar necesidades e previr posibles obstáculos para o  rabajador como para a empresa que lle contrata.

– Asesoramento e información á empresa sobre as necesidades e procesos de adaptación do posto de traballo.


Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar