O enclave laboral é unha ferramenta para facilitar a transición ao emprego ordinario das persoas traballadoras con discapacidade que teñan especiais dificultades para o seu acceso.
Consiste nun contrato celebrado por unha empresa do mercado ordinario de traballo (empresa colaboradora) e un centro especial de emprego.
O obxecto do contrato é a realización de obras ou servizos que garden relación directa coa actividade normal da empresa, para que sexa realizada por un grupo de persoas con discapacidade traballadoras do centro especial de emprego. A realización do traballo realizarase no centro de traballo da empresa colaboradora.
Existen requisitos sobre a características que deben ter as persoas con discapacidade para formalizar un grupo que se destine ao enclave. Así como tamén se establecen condicións de contratación mínima para permitir a prórroga do enclave que supere os 3 anos.