Necesítase obter unha resolución favorable da Xunta de Galicia.
As empresas presentarán unha solicitude conxunta da declaración de excepcionalidade e a medida elixida aos Servizos públicos de emprego competentes, con carácter previo á adopción das medidas alternativas.
Dita solicitude será analizada por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que resolverá na mesma resolución administrativa no prazo de dous meses desde a data de presentación da solicitude. En caso de silencio administrativo, será positivo.
A declaración de excepcionalidade obtida terá unha validez de tres anos, tras os cales as empresas que aínda teñan obrigación de cumprir a cota de reserva deberán solicitar unha nova declaración.
Existe un modelo oficial para solicitar a declaración de excepcionalidade (neste caso hai que constatar que a empresa ten a porcentaxe de persoal radicado na CCAA de Galicia), pois de non ser así terá que solicitalo ante o Servizo Público de Emprego Estatal.
No seguinte documento recóllense os aspectos que se deben indicar: