Santiago, 15 de maio de 2023. O Bono Consolida é un programa de apoio á consolidación das entidades de economía social de Galicia que ten como obxectivo mellorar a súa competitividade, sustentabilidade e capacidade de adaptación ao mercado. Trátase dunha subvención en concorrencia non competitiva.
Cales son os requisitos? Que conceptos son subvencionables? Como e cando se pode solicitar a axuda? Estas e outras preguntas serán respondidas por un técnico da Xunta de Galicia no webinario que organizan desde o Foro pola Economía Social Galega. O webinario terá lugar o próximo 16 de maio ás 09:45 horas e pódese acceder a el a través da seguinte ligazón: https://us06web.zoom.us/j/86103824629.
O webinario é gratuíto e aberto a calquera persoa interesada.
Desde Cegasal, animamos a todas as entidades da economía social de Galicia a aproveitar esta oportunidade. O Bono Consolida é unha ferramenta valiosa para fortalecer os nosos proxectos e construír un futuro máis inclusivo e sostible..