CEGASAL mostrará en Santiago o día a día dos traballadores dos centros especiais de emprego

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


O presidente da Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro reuniuse esta mañá co alcalde de Santiago. Un encontro cualificado de «moi positivo» por ambos os dirixentes no que se abordou o papel dos concellos na nova lei de contratos públicos en relación coas persoas con discapacidade.


O Concello de Santiago colaborará na difusión da exposición fotográfica impulsada por  Cegasal para dar a coñecer o día a día laboral dun grupo de traballadores con discapacidade.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2020. Co obxectivo de afianzar os lazos da Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro coas diferentes institucións,  Cegasal vén despregando nos últimos anos unha intensa axenda de encontros coas institucións locais, provinciais e autonómicas. Nesta liña enmarcouse a reunión que o seu presidente, José Antonio Vázquez Freire, mantivo esta mañá co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, para abordar posibles vías de colaboración cos centros integrados en  Cegasal.

A nova lei de contratos públicos, de marzo de 2018, reforzou o papel das administracións como dinamizadores do emprego de persoas con discapacidade, unha norma que o  Concello de Santiago defende e promove a través de distintas vías de contratación. Na reunión mantida esta mañá tratáronse as posibilidades de cooperación do  Concello e  Cegasal en temas como xardinería e xestión de residuos.

Outra das cuestións que se abordou no encontro foi a posibilidade de inaugurar en Santiago a mostra « Cegasal, unha exposición de persoas para as persoas». Trátase dunha exposición de 24 imaxes concibidas

como reportaxe documental por parte do fotógrafo Diego Silva, quen ao longo de dous anos e medio percorreu varios centros de especiais de emprego para captar a actividade dun grupo de traballadores con discapacidade.

Tras o seu paso pola Deputación e o  Concello de Lugo, o Parlamento de Galicia, o Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo e A Coruña, a exposición recala agora en Santiago, sede da Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, grazas á aposta do  Concello por este tipo de iniciativas destinadas a visibilizar o labor que realizan os centros de emprego sen ánimo de lucro e a súa importancia na vida das persoas con discapacidade.

Neste sentido, a exposición fotográfica foi impulsada por  Cegasal como unha fórmula para poñer en valor o traballo que realizan estas empresas, destacando as capacidades dos traballadores que conforman os persoais das mesmas. Así mesmo, conséguese achegar á sociedade o labor que despregan estes centros sen ánimo de lucro e promover unha cultura empresarial inclusiva, que entenda a diversidade como un activo xerador de valor social e económico.

O autor das fotografías que compoñen a mostra é o coruñés Diego Silva, que compaxina a súa actividade profesional e a colaboración con numerosas empresas coa docencia, impartindo clase de posgrao na escola  GZM  PHOTO

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar