Vázquez Freire, Méndez e Tomé, no Pazo de San Marcos
Xornada de traballo sobre a reserva de contratos a centros especiais de emprego

Deputación, Concello de Lugo e Cegasal apostan polo emprego inclusivo a través dunha contratación “socialmente responsable”

  • A mostra fotográfica sobre emprego e discapacidade organizada por Cegasal volveu ao Pazo de San Marcos, sede da Deputación lucense, para poner o broche de ouro a unha xira por distintos concellos da provincia. 
  • Tras a inauguración da mostra, acto que contou coa presenza do presidente da Deputación, José Tomé, e da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, Cegasal organizou unha mesa redonda sobre “contratación socialmente responsable” na que participaron concelleiros, técnicos de emprego e xerentes de centros especiais de emprego de iniciativa social.
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Lugo, 22 de setembro de 2022. Lugo aposta pola inclusión e así o demostran as diferentes accións de apoio de Deputación e Concello ás iniciativas que desde hai anos desprega a Asociación de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social na provincia. Esta mañá foi outro exemplo de colaboración e tanto José Tomé, presidente da Deputación, como Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, participaron na inauguración da mostra fotográfica “Unha asociación de persoas para as persoas” e presidiron tamén, conxuntamente co presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez, a mesa redonda sobre “contratación socialmente responsable”, no Pazo de San Marcos.

A reserva de contratos aos centros especiais de emprego de iniciativa social (coñecidos tamén como ‘sen ánimo de lucro’) como instrumento para o impulso de emprego entre as persoas con discapacidade centrou a interesante xornada de traballo na que participaron concelleiros e técnicos de emprego de diferentes concellos, así como xerentes e directores de varios centros de emprego que forman parte de Cegasal.

Tanto o presidente da Deputación como a alcaldesa de Lugo destacaron nas súas intervencións o labor que realiza a asociación galega desde a súa creación hai xa 25 anos e apuntaron ás políticas de emprego como “o piar das políticas sociais”.

Unha aposta coa que desde Lugo queren reverter as altísimas porcentaxes de desemprego entre as persoas con discapacidade, que Cegasal vén denunciando desde hai anos.

Unha reportaxe que documenta o día a día dos traballadores

Previamente, as autoridades participaron na inauguración da mostra fotográfica composta por 24 imaxes concibidas como reportaxe documental polo fotógrafo galego Diego Silva. Silva realizou este traballo ao longo de dous anos e medio en once dos 32 centros especiais de emprego que forman parte da asociación. O autor conseguiu captar de forma maxistral co seu cámara a actividade diaria dun grupo de traballadores con discapacidade.

Con esta iniciativa a asociación que preside José Antonio Vázquez Freire pretende dar maior visibilidade ao traballo que realizan as empresas de iniciativa social, destacando ao mesmo tempo as capacidades dos seus traballadores.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar