Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023.
En Cegasal, temos unha ampla variedade de produtos creados nos nosos Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, onde cada compra apoia directamente a integración laboral de persoas con discapacidade.
Aquí van algunhas ideas xeniais para os teus agasallos de Nadal:
- Xoiería e Artesanía Galega de i-Lab: Buscas algo especial para agasallar? As xoias de i-Lab son a opción perfecta. Cada peza é feita cun toque único que só a artesanía galega pode ofrecer. Visita centroilab.org e descubre a beleza da xoiería artesanal.
- Zumes 100% naturais: Un lote de zumes ecolóxicos feitos de maneira artesanal e con produto de proximidade. Podes probar o zume de arando, de mazá eco e de mazá e arando. Unha forma saudable de comezar 2024. Consulta a web de Andaina.
- Plantas de tempada: En Viveiros Valadares dispoñen de moitas variedades de plantas ornamentais de exterior que cultivan nos seus viveiros. Regalar unha planta de exterior é como compartir unha peza da natureza, unha forma de conectar coa terra e traer vida e cor ao fogar de quen a recibe. Descobre máis na súa páxina web.
- Produtos Frescos de Entrelampo: Sorprende cunha caixa de produtos da horta de tempada de Entrelampo. Cultivados de forma sostible e recollidos no mesmo día da entrega, son un agasallo saudable e cheo de sabor. Explora as opcións da avoa Hortensia.
- Delicias de Hornos de Lamastelle: Para os amantes da boa comida, nada mellor que unha empanada galega, unha torta de Santiago ou un biscoito de Hornos de Lamastelle. Visita www.lamastelle.com para agasallar sabores que encantan.
- Moda Sostible: Regala moda de Integratex, onde atoparás roupa, calzado e complementos das marcas Massimo Dutti, Tempe e Pull & Bear. É unha forma con moito estilo de apoiar o emprego inclusivo. Descobre máis en www.integratex.es.
- Agasallos Prácticos de Trébore: En Trébore, atoparás calendarios e moitos outros artigos ideais para agasallar, como cargadores, organizadores de escritorio, bolsas, tazas e moito máis. Visita a súa web para descubrir todas as opcións.
- E xa que falamos de calendarios. O calendario Solidario 2024 de Ámbar versa nesta nova edición sobre as series españolas máis coñecidas. un regalo perfecto para os amantes da televisión e o compromiso social. Podes facerte con el na seguinte ligazón.
- Para non perder as chaves, chaveiros confeccionados con plástico reciclado no taller de Diversiplás. Un agasallo de empresa ideal. Contacta con MaisPorVir.
- Pensas nun regalo de 4 rodas? Se andas á procura dun coche particular, Cualicar pode ser o lugar que necesitas. Contan cunha oferta de vehículos multimarca de 0 a 3 anos de antigüidade e de 0 a 50.000 km. Regalar un coche de Cualicar é abrir un camiño de oportunidades e liberdade, escollendo non só un vehículo, senón tamén a confianza e a garantía dunha compra que apoia a inclusión e o valor social. Descobre máis en Cualicar.
Cada un destes agasallos non só alegra a quen o recibe, senón que tamén apoia unha causa valiosa: a integración laboral de persoas con discapacidade. As túas compras poden marcar unha diferenza real!
#RegalaValores #RegalaInclusión e contribúe á integración laboral de persoas con discapacidade dende Cegasal.