Contratación reservada entidades locais
Contratación reservada entidades locais
Contratación reservada entidades locais

CEGASAL e AEIGA organizan a xornada formativa 'Xestión local con impacto. Contratación reservada'

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2024. A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal) xunto coa Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) convocan un evento de fomento da contratación reservada e compra responsable. Este encontro terá lugar o venres, 1 de marzo de 2024, de 10:00 a 14:00 horas no salón de actos do CERSIA Empresa, na Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, Santiago de Compostela.

Finalidade e Obxectivos

Esta xornada busca potenciar a contratación reservada a Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social (CEEIS) e Empresas de Inserción (EI) en Galicia, dentro do marco da Ley 7/2022 de residuos y suelos contaminados para una economía circular así como da Ley 9/2017 de Contratos del Sector Público. Estas leis destacan a importancia da dimensión social, medioambiental e de innovación nos contratos públicos, ofrecendo novas oportunidades de crecemento para as entidades de economía social.

Os principais obxectivos desta xornada inclúen:

  • Ofrecer ferramentas e prácticas óptimas ao persoal técnico das entidades locais para a elaboración de pregos de contratación.
  • Fomentar e visibilizar os sectores de Transporte e Mobilidade e Economía Circular e Xestión de Residuos.
  • Analizar o escenario normativo da Contratación Reservada e a Compra Pública Responsable.
  • Facilitar o acceso á adxudicación de contratos públicos ás EI e CEEIS.

Programa

O evento contará con relatorios de expertos na materia, mesas redondas e presentacións sobre as mellores prácticas no sector. Ademais, haberá unha sección de networking para fomentar a colaboración entre as distintas entidades asistentes.

Participantes

Esta xornada está destinada a persoal técnico de contratación e representantes políticos da administración local, representantes de empresas e entidades de economía social, medios de comunicación e á cidadanía, en xeral.

A xornada poderá seguirse presencialmente ou por streaming.

As persoas poden inscribirse na seguinte ligazón

Organización e colaboradores

Este evento é parte do programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social. Conta coa colaboración do Concello de Santiago e o patrocinio de Fiare Banca Ética.

Para máis información, poden contactar con Cegasal no correo electrónico info@cegasal.com e nos teléfonos  673 042 029 / 647 861 119.