¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

A REDE CEGASAL INCLÚE

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Que é a REDE CEGASAL INCLÚE?

A REDE  CEGASAL INCLÚE é un punto de encontro e colaboración de empresas e entidades para as que as persoas con discapacidade atópanse entre os seus grupos de interese, é dicir, manteñen un compromiso con este colectivo na súa xestión, ben como empregadores e/ou compradores, provedores de produtos e servizos,…

A REDE  CEGASAL INCLÚE nace para dar a coñecer boas prácticas e fomentar unha nova cultura empresarial inclusiva que entende a diversidade como un activo xerador de valor social e económico.

A REDE  CEGASAL INCLÚE pretende visibilizar a empresas e entidades referentes en Galicia, responsables e comprometidas coa igualdade de oportunidades, que co seu bo facer contribúen ao cambio social e á participación das persoas con discapacidade no noso territorio.

Obxectivos

  • Promover a identificación e o intercambio de boas prácticas empresariais relacionadas coa inclusión de persoas con discapacidade.
  • Visibilizar a aquelas entidades comprometidas co colectivo de persoas con discapacidade #ante o tecido empresarial e a sociedade para a promoción dunha cultura inclusiva.
  • Asesorar a empresas e entidades no desenvolvemento de prácticas inclusivas.
  • Sensibilizar e promover unha sociedade inclusiva.
  • Medir a contribución da rede á consecución de metas do Obxectivo 10 de Desenvolvemento Sostible asociado á Redución de Desigualdades.

Por qué formar parte?

  • Mellora da reputación e imaxe de marca da organización, dando visibilidade ás boas prácticas relacionadas co colectivo de persoas con discapacidade.
  • Incremento da  competividad da entidade, co foco no colectivo de persoas con discapacidade como panca de innovación social.
  • Contribución ao desenvolvemento dunha cultura empresarial inclusiva.
  • Contribución á consecución das metas do Obxectivo 10 de Desenvolvemento Sostible relacionado coa Redución das Desigualdades.

Quen pode formar parte?

Todas aquelas organizacións de calquera sector e dimensión que operen en Galicia, socialmente responsables e comprometidas co colectivo de persoas con discapacidade na súa xestión, interesadas en compartir un espazo de encontro que visibilice o seu bo facer e no que se xeren sinerxias e proxectos de impacto que permitan avanzar cara a unha cultura empresarial inclusiva.

Organizacións que queiran contribuír a converter a Galicia nunha comunidade de referencia en canto a prácticas inclusivas.

Empresas que forman parte

CarrefourDarlimPfizerSan Jose ConstructoraABANCAARIASVázquez y ReinoOronaGran Hotel Los AbetosComputer 3 informáticaCivisglobalAccionaSabadellGrupo ValloEdición RusaEnfócateEsqueiroOca HotelsCheckJC

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Como formar parte?

As organizacións interesadas en formar parte da REDE  CEGASAL INCLÚE, poden solicitar información a través do teléfono 673042029, no enderezo de correo electrónico info@cegasal.com , ou ben cubrindo o formulario de contacto desta mesma sección.

 

 






Leo e acepto apolítica de privacidade