Que é a REDE CEGASAL INCLÚE?
A REDE CEGASAL INCLÚE é un punto de encontro e colaboración de empresas e entidades para as que as persoas con discapacidade atópanse entre os seus grupos de interese, é dicir, manteñen un compromiso con este colectivo na súa xestión, ben como empregadores e/ou compradores, provedores de produtos e servizos,…
A REDE CEGASAL INCLÚE nace para dar a coñecer boas prácticas e fomentar unha nova cultura empresarial inclusiva que entende a diversidade como un activo xerador de valor social e económico.
A REDE CEGASAL INCLÚE pretende visibilizar a empresas e entidades referentes en Galicia, responsables e comprometidas coa igualdade de oportunidades, que co seu bo facer contribúen ao cambio social e á participación das persoas con discapacidade no noso territorio.