UNIDADES DE APOIO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Están reguladas polo Real Decreto 469/2006, do 21 de abril , que os define como equipos multiprofesionales que, enmarcados dentro dos Servizos de Axuste Persoal e Social dos Centros Especiais de Emprego, apoian aspectos da  vida laboral (incorporación, desenvolvemento, permanencia) daqueles traballadores que por razón do seu tipo de discapacidade poidan precisalo.

Están pensadas para:

  • Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%.
  • Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%.

Ademais, poderán recibir apoio o resto de traballadores con discapacidade a condición de que a dedicación a estes traballadores non menoscabe a atención dos primeiros.



FUNCIÓNS

a) Detectar e determinar, previa valoración das capacidades da persoa e análise do posto de traballo, as necesidades de apoio que poida necesitar o traballador con discapacidade para desenvolver a súa actividade profesional coa maior autonomía e independencia.

b) Establecer as relacións precisas coa contorna familiar e social dos traballadores con discapacidade, para que este sexa un instrumento de apoio e estímulo ao traballador na incorporación a un posto de traballo e a súa estabilidade no mesmo.

c) Desenvolver cuantos programas de formación sexan necesarios para a adaptación do traballador ao posto de traballo así como ás novas tecnoloxías e procesos produtivos.

d) Establecer apoios individualizados para cada traballadora ou traballador e posto de traballo.

e) Favorecer a integración de novos traballadores ao Centro Especial de Emprego mediante o establecemento dos apoios adecuados a tal fin.

f) Asistir ao traballador do Centro Especial de Emprego no proceso de incorporación a Enclaves Laborais, e ao mercado ordinario de traballo e ao autoemprego. Os Encaves Laborais están regulados por Real Decreto 290/2004, do 20 de febreiro e son contratos entre unha empresa e un Centro Especial de Emprego (CEE) para a realización de obras ou servizos que garden unha relación directa coa actividade normal daquela. Para levalo a cabo, un grupo de traballadores con discapacidade do CEE desprázase temporalmente ao centro de traballo da empresa colaboradora.

g) Detectar e intervir nos posibles procesos de deterioración evolutiva dos traballadores con discapacidade a fin de evitar e atenuar os seus efectos.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar