¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

SOCIOS

En CEGASAL, na actualidade hai máis de 14 sectores produtivos, artes gráficas, alimentación, atención socio-sanitaria, transporte, selección e recollida de residuos, restauración, artesanía, outsourcing, consultoría, comercialización de embalaxes e produtos para a industria, a automoción, servizos de xardinería, limpeza viaria e viverismo, así como no sector agrícola e gandeiro ou actividades téxtiles, entre outras.

Cegasal expón os datos básicos de contacto cos socios coa finalidade de incrementar a súa presenza na internet, facilitando a relación con posibles clientes.

Cegasal non autoriza a utilización da información que se contén neste sitio para o envío de comunicacións comerciais masivas ou indiscriminadas e non se fará cargo dos usos que os visitantes fagan da información publicada.