A contratación reservada constitúe unha das ferramentas máis eficaces ao alcance das administracións públicas para promover o emprego inclusivo e reforzar o papel da economía social. A través deste mecanismo, determinados contratos públicos poden estar exclusivamente destinados aos Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social (CEEIS), recoñecendo así, o seu valor social e a súa contribución á integración laboral de persoas con discapacidade.
QUE É A CONTRATACIÓN RESERVADA?
É un réxime xurídico especial recoñecido pola Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público e sustentado nas directivas europeas 2014/23/UE e 2014/24/UE. Este permite que determinados contratos de obras, subministracións ou servizos sexan reservados exclusivamente a CEEIS ou Empresas de Inserción (EI), favorecendo así a súa participación nos procesos de contratación pública.
A súa finalidade non é só a provisión de servizos, senón maximizar o impacto social do gasto público, integrando criterios de xustiza social e desenvolvemento sostible nas políticas de compras das administracións.
- A Lei 9/2017 establece unha reserva obrigatoria mínima do 10% para contratos de servizos e subministracións destinados a CEEIS e EI.
- A Lei 7/2022 reforza a prioridade destes contratos no tratamento de residuos, esixindo que polo menos o 50% do seu valor sexa reservado.
- En canto á normativa galega, a Lei 8/2016 de Servizos Sociais de Galicia impulsa a contratación reservada como ferramenta de fortalecemento do sistema social.
QUE ENTIDADES PODEN PARTICIPAR?